CULTURA

Rober Bodegas, Víctor Fábregas, Berto Romero, Alberto Casado, Leo Harlem e Dani de la Cámara, novas citas de Falabaratos

13/09/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Falabaratos para o último cuadrimestre do ano. Nel teremos figuras recoñecidas como Rober Bodegas, Víctor Fábregas, Berto Romero, Alberto Casado, Leo Harlem e Dani de la Cámara. O ciclo establece ademais dúas colaboracións con outros ciclos asentados: con Noites de Retranca e nace así o Noites de Retranca scq 2 (xa que é a segunda vez que se colabora, onde estarán Bodegas e...

Leer más

TURISMO

Turkish Airlines pasará de tres a sete frecuencias semanais na conexión entre Santiago e Estambul

13/09/2013

Turkish Airlines ampliará de tres a sete frecuencias semanais a súa conexión entre Lavacolla e o seu hub de Estambul a finais de outubro, segundo lle confirmaron ao alcalde de Santiago, Ángel Curras, e á concelleira de Turismo, Reyes Leis, os responsables da compañía turca en Xapón nunha xuntanza que mantiveron na Jata, a feira turística máis importante de país. A conexión diaria será cun avión de 180 prazas, un aumento significativo respecto do modelo de 132 prazas pensado orixinalmente para...

Leer más

TURISMO

O Instituto Cervantes de Lyon acolle unha exposición fotográfica sobre as 13 cidades Patrimonio da Humanidade de España

13/09/2013

O sábado 14 de setembro abrirase ao público na sede do Instituto Cervantes en Lyon a exposición Cidades Patrimonio da Humanidade. 13 xoias de España, unha mostra producida polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que ofrece, a través dun percorrido por 52 fotografías, unha suxestiva visión dos recunchos, edificios e lugares máis significativos das 13 cidades incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa,...

Leer más
Compartir: