DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Santiago participa nun proxecto europeo de eficiencia enerxética

28/05/2013

A concelleira de Urbanismo e Desenvolvemento Sostible, María Pardo, e o diretor da Área de Urbanismo, José Oreiro, presentaron os dous proxectos europeos nos que participa Santiago e que teñen como obxectivo a busca dunha mobilidade sostible e da maior eficiencia enerxética.

Leer más

EDUCACIÓN E SEGURIDADE

A campaña "Race for Safety Road" comeza en Santiago a súa andadura nacional promovendo a educación viaria nos condutores do futuro

28/05/2013

A concelleira de Educación, María Castelao, o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luís García Bello, o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia e o coordinador nacional de Educación Vial, Juan Antonio Sánchez Trillo, presentaron no paseo central da Alameda este programa que tratará de ensinarlles aos rapaces como identificar os riscos e os perigos presentes na vía.

Leer más

CULTURA

O Teatro Principal acolle dúas obras de Sarabela Teatro dentro do ciclo Teatro&Danza

28/05/2013

Esta semana poderase desfrutar de "Viaxe a ningunha parte", unha adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez o mércores 29 e xoves 30 maio e o domingo 2 de xuño de ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero
O xoves 13 de xuño o Principal acolle "Rosalía os Cantares das musas" a prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro

Leer más
Compartir: