CULTURA
Marzo trae a Compostela a danza de Sol Picó, o teatro de Man Drake & Toméo Vergès e a música de Roi Casal
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa a programación cultural de marzo, que ten na música, a danza, o teatro e as artes plásticas algunhas das propostas máis destacadas. A compañía francesa Max Drake & Toméo Vergès, a compañía de danza de Sol Picó, o artista de folk Roi Casal, o pianista Alexander Ghindin e a artista María Xosé Díaz son algúns...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "A visita do Papa é a mellor noticia para este Ano Santo"
O 6 de novembro será a data na que a Súa Santidade o Papa Benedicto XVI visite Santiago de Compostela. Para o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, "esta é a máis esperada e a mellor noticia para o Ano Santo".
COMERCIO
Os comercios premiados no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico recibiron os seus diplomas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas acreditativos aos comercios premiados no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico, Media Lúa, Xocoátel e Marabillas; e as bandas de escaparatismo aos tres estabelecementos gañadores da Edición de Nadal do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: Media Lúa, Andrómenas e Floristería Lilas.