ALCALDÍA
Seiscentos congresistas debaten en Santiago sobre a enerxía nuclear
O alcalde compostelán inaugurou a 36ª Reunión Anual da Sociedade Nuclear Española. Celébrase do 6 ao 8 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Na xornada anterior, Sánchez Bugallo recibira os participantes en Raxoi.
EDUCACIÓN
O Concello renova a súa colaboración co programa de educación para adultos da Fundación Radio ECCA
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou a programación do Centro de Educación para Adultos Radio ECCA, acompañada pola directora xeral de Radio ECCA Galicia, Carmen Dios. Esta iniciativa segue a ter como obxectivo principal a preparación para obter o título de Graduado en Secundaria nun ano e estudando dende a casa.
ALCALDÍA
Alumnos de varios países participan nunha nova edición do Curso do Camiño da USC
Está a celebrarse a IV Edición do Curso do Camiño de Santiago, organizado polos Cursos Internacionais da USC. O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu os participantes e responsables do curso en Raxoi.
EMPREGO
As 73 empresas inscritas na Feira do Emprego ofertarán 345 postos de traballo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias presentou, acompañado de representantes das entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, o programa da I Feria do Emprego de Santiago de Compostela, que se celebrará o xoves 7 e o venres 8 de outubro no edificio Cersia, situado en San Lázaro.
VIVENDA
Os membros do proxecto SUITE reúnense en Santiago para preparar as súas conclusións
O encontro, que terá lugar durante os días 7 e 8 de outubro na sala de debates do Centro de Estudos Avanzados do Parque de Vista Alegre, ten como obxectivo avaliar o traballo desenvolvido ata o momento e preparar as conclusións finais do estudio desenvolvido ata agora, co obxectivo de coñecer as necesidades das novas familias.