ALCALDÍA
A ampliación da AP-9 en Santiago incluirá unha nova conexión co periférico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o proxecto de duplicación do tramo urbano da autopista AP-9 incluirá unha nova conexión co periférico, que permitirá enlazar coa autovía de Lavacolla e co polígono industrial da Sionlla. Está previsto que en novembro se aprobe o proxecto definitivo desta obra.
URBANISMO
EMUVISSA, dez anos facendo cidade
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA) cumpre dez anos xestionando solo e vivenda na cidade e sendo o instrumento principal da política municipal deste ámbito. Neste tempo, esta sociedade anónima de capital integramente municipal foi capaz de xestionar 900.000 metros cadrados de solo nos que se construíron máis de 4.500 vivendas de protección pública e 2.000 libres Para celebrar esta data, EMUVISSA preparou unhas xornadas sobre política de vivenda e dous concursos fotográficos, un de debuxo e...
CULTURA
Teatro de La Abadía leva ao Auditorio "Fin de partida", de Samuel Beckett
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais ofrece a posibilidade de ver producións de calidade procedentes de distintos lugares dentro do programa Teatro e Danza en Xira. Nesta ocasión programa unha das grandes obras de Samuel Beckett levada ao escenario por Teatro La Abadía, e dirixida por Krystian Lupa, un dos creadores máis lúcidos do noso tempo.
ALCALDÍA
Cogami premia ao Concello de Santiago polo seu labor en prol da accesibilidade
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami, celebrou o seu vinte aniversario. Unhas 1.000 persoas participaron nun acto, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións, no que se entregaron diversas distincións. Unha delas foi para o Concello de Santiago, polo seu labor en prol da accesibilidade.
ALCALDÍA
Santiago acolle o X Congreso Internacional de Postulantes Europeos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do X Congreso Internacional de Postulantes Europeos, que se celebra no Palacio de Congresos do 15 ao 17 de outubro. O evento foi aberto polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.