ALCALDÍA
A rúa Laverde Ruíz muda a súa imaxe urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de reurbanización da rúa Laverde Ruíz. Esta será a primeira das rúas en rematarse do chamado Ensanche Vello, cuxa intervención integral, financiada polos fondos FIL, comprende tamén as rúas Pérez Constanti, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla. O investimento realizado na rúa Laverde Ruíz ascende a 310.304 euros.
CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello lembra que a súa competencia no concerto de Bruce Springsteen era só o operativo de tráfico e transporte público
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, compareceu ante os medios de comunicación para aclarar que a responsabilidade municipal no concerto de Bruce Springsteen era unicamente o operativo de tráfico e de transporte público e o traslado do artista ata o Monte do Gozo. Por isto, insistiu en que as deficiencias detectadas no acceso ao recinto e dentro del son imputables unicamente á empresa organizadora do concerto.
CULTURA
Stockholm Lisboa Project trae a Compostela un abrazo cultural entre as marxes máis afastadas de Europa
Compostela acolle o martes 4 unha mostra da interculturalidade que lle dá a razón de ser ao Festival dos Abrazos, cunha proposta que une a través da música dúas das marxes europeas máis afastadas entre si. Stockholm Lisboa Project congrega a músicos portugueses e suecos que exploran a conexión das tradicións musicais dos seus países. Como resultado soben ao escenario instrumentos tradicionais e un repertorio que vai de norte a sur mesturando os ritmos escandinavos cos fados máis populares. O concerto é...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela con dous concertos
A Real Filharmonía de Galicia pecha as súas actividades estivais en Santiago coa súa participación na edición número 52 de Música en Compostela, Curso Universitario Internacional de Música Española. A orquestra compostelá ofrece dous concertos, os días 4 e 6 de agosto, no Auditorio de Galicia, con entrada gratuita.