CULTURA
Santiago será unha das paradas do "FranceDanse Europe"
Compostela será un dos escenarios onde se desenvolverá o programa FranceDanse Europe, organizado polo Culturesfrance, operador do Ministerio de Asuntos Exteriores e Europeos, e o Servizo Cultural da Embaixada de Francia en España. En concreto será o 19 de abril cando a compañía francesa de Catherine Diverrés presentará no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo SCQ Danza, o seu espectáculo A quinta do xordo.
EDUCACIÓN
O Concello e Ibercaja convidan a máis de 2.000 escolares a descubrir o mundo da danza
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou as oito funcións para escolares de 4 a 8 anos da obra didáctica A cama voadora que se celebrarán no Teatro Principal do 26 ao 29 de xaneiro. Esta iniciativa pretende desenvolver as capacidades estéticas dos nenos e nenas e crear neles unha afección que se irá enriquecendo ao longo da súa vida.
ORZAMENTOS
Preto de 116 millóns de euros para uns orzamentos equilibrados nos que se incrementa o gasto social
O concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña, e a portavoz da Xunta de Goberno, Elvira Cienfuegos, presentaron as grandes cifras dos orzamentos municipais para 2009, aprobados nunha Xunta de Goberno extraordinaria. O orzamento de gastos ascende finalmente aos 115.889.950 euros, un 1,48% máis que en 2008.