ALCALDÍA

A cidade homenaxeou ao Batallón Literario no bicentenario da súa saída para loitar contra a invasión francesa

18/07/2008

Dous centos anos despois da súa saída para incorporarase ás tropas do xeneral Blake para loitar contra a invasión francesa, o Batallón Literario foi homenaxeado na praza da Quintana. A ofrenda floral, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse aos pés da placa que lembra esta xesta: "Aos heroes do Batallón Literario de 1808. Os escolares composteláns de 1896 e os concellos de 1822, 1865 e 1896".

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

Convenio para a reurbanización do espazo público en tres áreas do Casco Histórico

18/07/2008

A concelleira de Rehabilitación e Cidade, Olga Pedreira, mantivo a súa primeira xuntanza coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas. Nesta reunión, na que tamén estivo presente a tenenta de alcalde do Concello e anterior concelleira de Rehabilitación, Socorro García Conde, acordaron un convenio de colaboración para a reurbanización do espazo público en tres áreas do Casco Histórico.

Leer más
Compartir: