DEPORTES

Nova edición do Concurso de Fotografía Deportiva

30/04/2008

Ata o 28 de maio poderán presentarse as candidaturas ao XII Concurso de Fotografía Deportiva, convocado pola Concellería de Deportes. A Xunta de Goberno aprobou as bases e un orzamento de 4.000 euros para este certame.

Leer más

CULTURA

Unha programación cultural ampla e de calidade para o mes de maio

30/04/2008

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou no Pazo de Raxoi a programación cultural de Santiago para o mes de maio. A axenda cultural vai ser particularmente extensa, salientado os concertos de Laurie Anderson e Michael Nyman e a actuación de Teresa Nieto no ciclo SCQ Danza, así coma o Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago dá o visto e prace á Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible

30/04/2008

A Carta Atlántica de Desenvolvemento Sostible recibiu a aprobación do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, que presidiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Con leves modificacións, esta carta será votada e firmada por todas as cidades membro na IX Asemblea Xeral que se celebrará en San Sebastián en xuño.

Leer más

FESTAS

M Clan chega a Santiago para presentar o seu novo traballo nun concerto de balde no Campus Sur

30/04/2008

A cidade xa está preparada para o comezo das festas, que este ano arrincan cun dos seus pratos fortes: a Campus Party. A partir das 23:00 horas do mércores 30 os mozos e mozas terán a posibilidade de gozar e bailar durante máis de tres horas coas sesións de música techno e dance dos grupos e Dj´s invitados: Ragdog, Cornelius e o Dj alemán Sash e o español Jesse García.

Leer más
Compartir: