CULTURA

O "Kiosko das almas perdidas" chega ao Auditorio

27/03/2008

Os soportais do Pazo de Raxoi acolleron un pequeno adianto de Kiosco das almas perdidas, a última produción do Centro Dramático Galego. Os seus bailaríns recrearon unha pequena parte do espectáculo que se representará o sábado 29 e o domingo 30, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, no marco do ciclo SCQ Danza.

Leer más

TURISMO

Pepe Solla imparte o derradeiro obradoiro de "Santiago de Compostela. Repetirás"

27/03/2008

O programa gastronómico Santiago de Compostela. Repetirás ofrece o sábado 29 de marzo o derradeiro obradoiro gastronómico con lamprea, impartido polo recoñecido chef Pepe Solla. Tras cinco meses dedicados a achegar a composteláns e turistas o mellor da cociña galega de tempada, comezando polos cogomelos en novembro e continuando co polbo, co marisco e coa cociña do Entroido, a lamprea pon fin a esta singular iniciativa.

Leer más

CULTURA

O Pleno aproba inicialmente o regulamento do Consello de Compostela Cultura

27/03/2008

Cos votos favorables de PSdeG-PSOE e BNG e o negativo do PP, foi aprobado inicialmente o regulamento do Consello de Compostela Cultura. O documento será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e abrirase entón un período de alegacións dun mes. Volverá entón ao Pleno para a súa aprobación definitiva, co obxectivo de que o Consello comece a funcionar no mes de xullo.

Leer más

DEPORTES

Os xestores deportivos buscan en Compostela canles para a cualificación da súa profesión

27/03/2008

O Salón Nobre da Casa do Concello acolleu a presentación do I Congreso Galego de Xestión Deportiva, que se celebrará no Palacio de Congresos o sábado 29 de marzo. O evento, organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), reunirá en Compostela a profesionais, estudantes dos ensinos de actividade física e persoal responsable no ámbito da xestión deportiva pública ou privada.

Leer más

TURISMO

O concelleiro de Turismo recolleu para Compostela o premio ao Mellor Destino Turístico Internacional en Brasil

27/03/2008

Santiago de Compostela recibiu o premio a Mellor Destino Turístico Internacional dentro do certame "Os dez máis o Turismo de 2007", organizado pola Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens. O premio foi recollido, de mans de Teresa Ortiz, directora da Oficina Española de Turismo en Brasil, polo concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias.

Leer más
Compartir: