TURISMO

Santiago promove os seus escenarios en Berlín

07/02/2008

A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC) asistirá ao Festival Internacional de Cinema de Berlín, a Berlinale, que se celebra na capital alemá entre o 7 e 17 de febreiro. Entre outras actividades previstas para o certame, destaca a xuntanza da recentemente creada European Film Commission Network, da que SCFC é membro fundador.

Leer más

EIXO ALTÁNTICO

Compostela, na comisión executiva do sistema urbano transfronteirizo máis forte de Europa

07/02/2008

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, trasladouse a Vigo para participar na Comisión Executiva do Eixo Atlántico. Durante a xuntanza, aprobouse a incorporación das cidades previstas na anterior comisión executiva e discutíronse os convenios, o programa e os orzamentos para o ano 2008. Tamén houbo un debate sobre os principais eixes que se presentarán ao debate político da XXV Asemblea Xeral da entidade, que se celebrará o venres 8, e á que acudirá o concelleiro de Facenda, Andrés...

Leer más

EMPREGO

Máis de cen usuarios do Crear IV accederon ao mercado laboral no medio ano que leva funcionando o proxecto

07/02/2008

Un total de 101 usuarios do Proxecto Crear IV accedeu xa ao mercado laboral desde que comezou o programa, en xuño do 2007. Esta cifra representa un 50,5% do total de participantes, máis de dez puntos por enriba do 40% fixado como obxectivo pola Xunta de Galicia. Das 101 persoas inseridas laboralmente 67 son mulleres e 38 homes. Outros 26 participantes no programa (19 mulleres e 7 homes) están realizando prácticas profesionais nalgunha das 93 empresas visitadas ata o momento. Ademais, no marco do Crear IV, programáronse 23 actividades formativas cunha...

Leer más
Compartir: