TRANSPORTES

Novas tarifas para os aparcadoiros xestionados por TUSSA

21/01/2008

O Goberno local aprobou as novas tarifas para 2008 dos aparcadoiros xestionados pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA): Xoán XXIII, Belvís e dársena de Xoán XXIII. A principal novidade neste campo virá pola implantación no primeiro trimestre da tarxeta "aparcafácil".

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A urbanización de Caramoniña unirá San Domingos de Bonaval coa extensión da cidade cara o norte

21/01/2008

O proxecto de urbanización da unidade de execución 4 (Caramoniña) do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica recibiu o visto bo definitivo do Goberno local. A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, explicou esta actuación, que permitirá conectar funcional e esteticamente o parque de San Domingos de Bonaval e a extensión da cidade cara o norte a través da Almáciga.

Leer más

FESTAS

O Antroido de Compostela contará cun orzamento de case 119.000 euros

21/01/2008

As actividades previstas para o Antroido 2008, organizadas pola Concellaría de Festas, contarán cun orzamento de 118.914 euros. Nesta cantidade inclúese o pregón, o desfile do martes de Antroido, os bailes infantil e de adultos, a queima do Meco e diversas actividades nas rúas e prazas entre o 2 e o 6 de febreiro.

Leer más

DESENVOLVEMENTO SUSTENTÁBEL

Esgotadas as prazas para os Cursos de Condución Eficiente

21/01/2008

Os condutores composteláns responderon con prontitude á convocatoria dos Cursos de Condución Eficiente e xa esgotaron as prazas dispoñibles. Estas sesións impartiranse do 11 ao 13 de febreiro e teñen como obxectivo buscar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución.

Leer más

TURISMO

Máis de 45 persoas aprenden a cociñar marisco con "Santiago de Compostela. Repetirás"

21/01/2008

Tras a paréntese do Nadal, a Galería Sargadelos encheuse de novo de afeccionados á gastronomía, que puideron aprender diferentes e novidosos xeitos de cociñar marisco. Os chefs Juan Crujeiras e Antonio Alján amosaron o seu arte ante os fogóns explicando diversos xeitos de cociñar ameixas. Os máis de 45 asistentes gozaron ao finalizar o obradoiro da degustación do resultado.

Leer más
Compartir: