CULTURA

Os espectáculos de rúa do Festiclown comezan coas prazas cheas

01/08/2007

Comezaron os espectáculos de rúa do Festiclown e fixérono ateigando de xente as prazas da Cidade Histórica, a pesares de que o tempo non acompañou moito. Ademais, nesta primeira xornada de rúa, o público puido gozar dunha das demostracións de cursos de maior calidade na historia do Festiclown: a de Claudia Contín.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Nace unha nova xoiería no marco de Equal Compostela Social

01/08/2007

O 30 de xullo abriu as súas portas a empresa número 49 nacida a partires do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Trátase da xoiería BS Artesanía, que se atopa no número 14 da Algalia de Arriba. O estabelecemento dedícase á venda de produtos artesanais, entre os que destacan os feitos en prata, acibeche e vidro. O material á venda abrangue dende o máis tradicional ao máis contemporáneo e vangardista.

Leer más
Compartir: