INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Todo listo para o comezo das obras na rúa Valle-Inclán

05/07/2007

Dende o luns 9 de xullo permanecerá pechado ao tráfico a rúa Valle-Inclán, por mor do comezo das obras de urbanización desta rúa. As tres fases desta actuación durarán nove meses e permitirán un cambio moi significativo do aspecto desta rúa, con beirarrúas máis amplas, unha calzada de seis metros de enlousado e diversos elementos complementarios. A obra terá un custo de 1.600.000 euros.

Leer más

CULTURA

Compostela celebrará tamén o Día do Orgullo LGBT

05/07/2007

O sábado 7 de xullo, Compostela acollerá os actos de celebración do Día do Orgullo LGBT. Baixo o lema "Vive e deixa vivir", as prazas e rúas da cidade acollerán diversas convocatorias que pretenden ser lúdicas e reivindicativas ao mesmo tempo.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio e a USC poñen en marcha o "Proxecto URBE"

05/07/2007

Co nome de "Proxecto URBE", o Consorcio de Santiago e a Universidade presentaron unha iniciativa que consiste na sistematización das fontes documentais compostelás para posteriormente facelas accesibles a través de Internet. Isto posibilitará o inventariado, catalogación e dixitalización destes materiais, de interese para a historia da cidade, e facilitará a súa consulta "on line" para investigación e divulgación.

Leer más

ALCALDÍA

O Camiño, percorrido de convivencia

05/07/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a 100 escolares que están a participar dende o 27 de xuño no espazo de aventura "Camiño de Encontros", unha actividade organizada pola Obra Social de Caja Laboral. Esta iniciativa ten como as súas dúas grandes referencias a convivencia entre os mozos e a ruta do Camiño de Santiago.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O programa de apoio á eliminación de barreiras atendeu máis de cen servizos dende o seu inicio

05/07/2007

O Programa de apoio á eliminación de barreiras á inserción socio-laboral, que está a desenvolver de xeito gratuíto a Concellaría de Promoción Económica e Emprego, atendeu 111 servizos dende que comezou a funcionar, o 15 de xaneiro. Neste tempo, as seis mulleres contratadas a través do programa realizaron 1.142 horas de servizo, botando unha media de catro horas con cada usuario.

Leer más
Compartir: