ALCALDÍA
O Campus Sur xa conta cun "Recanto da Saudade" para o reencontro dos antigos estudantes
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC inaugurou no Campus Sur o ‘Recanto da Saudade’. O acto, organizado en colaboración co Concello e a Universidade de Santiago, celebrouse fronte ao Sanatorio Nosa Sra. da Esperanza.
EDUCACIÓN
Continúa a desenvolverse o Programa de educación viaria "¿Onde está o perigo?"
Durante o mes de maio segue a desenvolverse o calendario de visitas didácticas incluídas no Programa municipal de educación viaria e na autoprotección "¿Onde está o perigo?". A iniciativa pretende incorporar aos máis novos hábitos cívicos e de seguridade, e ensinarlles como actuar ante situacións de perigo.
TRANSPORTES
A liña 5 do transporte urbano modifica o seu punto de remate para dar un maior servizo
O Concello de Santiago de Compostela, TUSSA e a empresa operadora de transporte urbano TRALUSA, adaptan a liña 5 ás novas necesidades do entorno dos barrios de Vite – Vite de Arriba e Vista Alegre.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A edición de primavera do Concurso de Escaparatismo conta con 32 comercios inscritos
Un total de 32 estabelecementos comerciais inscribíronse na edición de primavera do IV Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007, fronte aos 30 da tempada de primavera do ano 2006. O prazo de presentación rematou o 21 de maio.