EDUCACIÓN

Concello e Stop Accidentes únense para lembrar ás vítimas dos accidentes de tráfico e concienciar á cidadanía sobre esta problemática

15/11/2007

O próximo sábado, 17 de novembro, celébrase o Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia viaria. Con este motivo, o Concello de Santiago e a Asociación Stop Accidentes van levar a cabo unha serie de actividades para concienciar a toda a sociedade, dende os máis pequenos ata os maiores, sobre unha problemática que cada ano se cobra a vida de millón e medio de persoas.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Cámara de Comercio e o Concello premiarán o día 17 o uso do galego nas empresas compostelás nunha nova edición do galardón Manuel Beiras

15/11/2007

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación e o Concello de Santiago de Compostela presentaron esta mañá, en rolda de prensa, a oitava edición dos Premios Manuel Beiras. No acto estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez Silva. Estes premios tratan de recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega. A entrega dos...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago apoia a iniciativa do movemento ecoloxista "Fronte ao cambio climático: actúa xa" que consistirá nun apagón de 20.00 a 20.05

15/11/2007

O Concello súmase á iniciativa dun apagón hoxe das 20.00 ás 20.05 h baixo o lema "Fronte ao cambio climático: actúa xa". Esta iniciativa parte de varias asociacións ecoloxistas como Greenpeace, Amigos da Terra, ADEGA ou Ecoloxistas en Acción, entre outras, con motivo da presentación do Informe Científico da ONU sobre o cambio climático.

Leer más

TURISMO

O VI Festival Internacional de Salsa "Salsorro 2007" congregará en Santiago a máis de 2.000 persoas

15/11/2007

Os campións do mundo de 2006 e 2007 estarán entre os invitados deste evento internacional, que reúne a máis de 20 conpañías de estilos tan variados como a salsa cubana, salsa cabaret, On1, On2, zouk, bachata, kizomba, rumba ou chachachá. O VI Congreso Internacional de Salsa ‘Salsorro 2007’ congregará en Santiago de Compostela do 16 ao 18 de novembro a máis de 2.000 participantes procedentes de 15 países.

Leer más
Compartir: