PROMOCIÓN ECONÓMICA

Petronio Arte acolle unha exposición do artista cubano David Planas

02/10/2007

A galería Petronio Arte, nacida no marco do Proxecto Equal Compostela Social promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, acolle do 3 ao 26 de outubro unha exposición do artista cubano David Planas. A inauguración da mostra, titulada El negrito cimarrón regala colores para todos e aberta aos medios de comunicación, terá lugar o mércores, 3 de outubro, ás oito da tarde.

Leer más

TURISMO

"Vivir Compostela" chega ás 2.000 reservas nunha semana

02/10/2007

A campaña Vivir Compostela, lanzada por Turismo de Santiago para dar a coñecer aos cidadáns as infraestruturas e recursos turísticos, atopou unha resposta masiva entre os composteláns, que xa esgotaron as prazas en catro das vinte actividades gratuítas ofertadas.

Leer más
Compartir: