BENESTAR SOCIAL

O Concello achega máis de 11.000 euros á asociación Xoán XXIII para o servizo de acollida nocturna

16/10/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o representante da Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Padre Frei Francisco J. Honrubia Bonnín, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal o Concello achega a cantidade de 11.220,46 euros para o desenvolvemento do "servizo de acollida durante a noite para transeúntes".

Leer más

EDUCACIÓN

Máis de 200 escolares visitaron xa a mostra SANTIAGO dC

16/10/2007

A exposición SANTIAGO dC, situada no edificio do antigo Banco de España (praza das Praterías) segue a recibir as visitas de distintos centros escolares. O mércores 17 de outubro, ás 10.00 horas, serán os do Colexio Nosa Señora dos Remedios os que realicen este itinerario didáctico. Dende o comezo destas visitas, xa pasaron pola mostra máis de 200 escolares.

Leer más
Compartir: