ALCALDÍA

O Consorcio e a Xunta crean o premio Chano Piñeiro para a promoción do patrimonio audiovisual galego no marco de Cineuropa

27/09/2006

O presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Juan Fernando Salgado García, asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo establecer as bases polas que se regulará a colaboración entre ambas institucións para a promoción do patrimonio audiovisual galego a través da plataforma que supón o festival "Cineuropa", na edición prevista para 2006.

Leer más

TURISMO

Francisco Candela: "Debemos redefinir o papel dos municipios no impulso do turismo"

27/09/2006

O I Foro Profesional de Turismo Urbano e Cultural, organizado por Turismo de Santiago e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), foi inaugurado no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago polo concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela; o presidente da Comisión de Turismo da FEMP, Joseph Mariné i Grau, e o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Enrique Fernández.

Leer más

TURISMO

Compostela asina o seu irmanamento coa cidade chinesa de QuFu

27/09/2006

Representantes do Concello de Santiago regresaron de China tras supervisar o avance das propostas compostelás para a reordenación turística e patrimonial de Qu Fu, e asinar o documento definitivo de irmanamento entre ambas cidades Patrimonio da Humanidade.

Leer más

URBANISMO

Sánchez Bugallo: "O novo polígono 6-7 fai máis presente ás Fontiñas na moderna imaxe de Compostela"

27/09/2006

"Unha intervención que vén a completar unha área moi importante na definición final dos límites de este núcleo de poboación das Fontiñas en relación co propio periférico e a avenida de Lugo, facéndoo máis presente na moderna imaxe de Compostela". Así definiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o novo espazo residencial creado no polígono 6-7 de Fontiñas e que vén de inaugurar. Trátase de 332 vivendas protexidas e un investimento de...

Leer más
Compartir: