EXPOSICIÓN

A mostra "O debuxo por diante" porá en valor o debuxo como manifestación artística

18/10/2006

O Proxecto Debuxo amosará, dende o 13 de marzo ao 29 de abril de 2007, un aspecto da produción cultural e artística pouco coñecida e valorada, pero que é central na práctica artística. Farao a través dunha gran mostra, "O debuxo por diante. A obra gráfica nas coleccións públicas da cidade", que se realizará simultaneamente nas salas da Fundación-Museo Eugenio Granell, da Universidade de Santiago, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e do Auditorio de Galicia.

Leer más

DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte convoca axudas para clubs federados

18/10/2006

Axudar aos clubs de Santiago na súa tarefa a prol do deporte de base da cidade é o obxectivo das axudas que para os mesmos convoca a Fundación Compostela Deporte. Ademais, pretenden contribuír á elaboración dun censo dos deportistas do Concello de Santiago e a mellorar a xestión das entidades deportivas, grazas ás axudas para gastos de desprazamento a competicións oficiais e pola compra de material. A dotación total destas axudas é de 100.000 euros.

Leer más

ALCALDÍA

Os inspectores de Facenda reúnense en Compostela

18/10/2006

Do 18 ao 20 de outubro, Santiago de Compostela acolle o XVI Congreso da Organización Profesional de Inspectores de Facenda do Estado. No marco do programa deste evento, os participantes pasaron polo Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Leer más

FILHARMONÍA

A representación de "As vodas de Fígaro" concita o recoñecemento unánime do público

18/10/2006

Con motivo do 250 aniversario do nacemento de Mozart, o Auditorio de Galicia acolleu a posta en escena da ópera "As vodas de Fígaro", coa música da Filharmonía e Ros Marbá na batuta. Foi unha noite de aplausos e recoñecemento para unha obra que concitou grande expectación. Non faltou á cita o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, nin o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Leer más
Compartir: