ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recalca a proximidade ás casas da maioría dos incendios deste verán

10/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu ante a Comisión de Estudo sobre o lume no Parlamento galego, onde explicou as circunstancias da vaga de lume que asolou o municipio durante o mes de agosto. En particular, destacou o feito de que a maioría dos lumes e produciran preto das casas e o ritmo de incendios, máis de cinco diarios nas xornadas máis intensas.

Leer más

CULTURA

Obradoiros para aprender as artes do Novo Circo

10/10/2006

Un total de 10 obradoiros municipais permitirán a nenos e maiores iniciarse e achegarse a diferentes disciplinas do Novo Circo. O evento está organizado pola Concellería de Cultura, en convenio con Pista Catro.

Leer más

ALCALDÍA

Compostela achégase á ciencia

10/10/2006

O Nóbel de Medicina Torsten Wiesel pasou por Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí falaron de ciencia e da conferencia que pouco despois ía pronunciar sobre "Santiago Ramón y Cajal and Modern Brain Science". O Libro de Honra do Concello xa ten a súa ilustre sinatura.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello reafirma a súa adhesión ao Ano da Memoria

10/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Fundación 10 de Marzo, Manuel Vilares Creo, e a outros integrantes desta entidade. Na xuntanza falaron sobre as distintas actividades que a Fundación organiza e nas que o Concello colabora, especialmente neste Ano da Memoria.

Leer más

TURISMO

Medran un 41% as consultas turísticas de estranxeiros en setembro

10/10/2006

De acordo coas cifras subministradas polo concelleiro de Turismo, Francisco Candela, a oficina central de información turística municipal atendeu en setembro 21.501 consultas, un 30% máis que en setembro do 2005, cando rexistrou 16.570. Nesa cifra, os visitantes estranxeiros seguen superando en presenza aos nacionais, pois xeraron o 54,1% das consultas atendidas, pasando das 8.276 de setembro do 2005 ás 11.633 do pasado mes. Isto supón un crecemento do 41%, mentres que as consultas dos españois medraron un 20% en relación co 2005.

Leer más
Compartir: