ALCALDÍA

O alcalde recibiu en Raxoi ao Nobel de Química Jean-Marie Lehn

28/05/2009

O Premio Nobel de Química en 1987, o francés Jean-Marie Lehn, abriu a cuarta edición do Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago. O seu paso por Santiago incluíu unha visita a Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Leer más

ALCALDÍA

A rúa Londres converterase nun bulevar urbano con nova iluminación, cen árbores e carril bici

27/05/2009

Seguindo o modelo da xa reformada rúa Berlín, o barrio de Fontiñas afrontará a partir do luns 1 de xuño a reurbanización da rúa Londres. Esta actuación, que afectará a un tramo de 550 metros de lonxitude, suporá un investimento de 2,5 millóns de euros con cargo ao Fondo de Investimento Local (FIL). O obxectivo municipal é que as obras estean listas o 24 de decembro.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio premia un ano máis a recuperación de espazos urbanos nas cidades históricas América Latina

27/05/2009

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana alcanza a súa terceira edición. Este galardón, creado polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, pretende recoñecer e fomentar iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina, a través da...

Leer más

TURISMO

Santiago mantén o número de pernoctacións no primeiro cuatrimestre

27/05/2009

Santiago acumula no primeiro cuatrimestre de 2009 un total de 291.310 pernoctacións, mantendo practicamente as 292.499 do 2008, cunha baixada técnica do 0,41%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Santiago mantén os datos do ano precedente nun entorno de crise económica que está a afectar ao sector turístico do conxunto do Estado e de Galicia. No primeiro cuatrimestre produciuse unha baixada do 10,7% no Estado e en Galicia a baixada foi do 14%.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha empresa nacida no Compostela Equal Social, pioneira en España na rodaxe con plastilina e coa técnica da stop-motion

27/05/2009

A concelleira de Cultura, Socorro García, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitaron os estudios de Artefacto Producións, onde a produtora compostelá está rodando O Apóstolo, primeira película de España que se filma enteiramente con plastilina seguindo a técnica stop-motion, empregada noutras películas como A noiva cadáver, de Tim Burton. Na visita tamén estiveron os actores Carlos Blanco e José Manuel Olveira "Pico", que...

Leer más
Compartir: