CULTURA

O Auditorio de Galicia acolle o ciclo de Novas Orquestras

20/05/2013

A Orquestra Sinfónica Conservatorio Superior Coruña presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro e ofrecerán un programa con obras de Alexander Borodin, Camille Saint-Saëns, Carl Reinecke e Hector Berlioz.O prezo das entradas é de 3 euros (de balde para abonados do Auditorio), billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h, e billeteira do Auditorio de Galicia, aberta só os días de espectáculo a partir das 18.00h;...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reúnese co agregado eclesiástico da embaixada de España

20/05/2013

O rexedor compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo un encontro no Pazo de Raxoi co agregado eclesiástico da embaixada de España, Antonio Pelayo. Na reunión abordaron o tema da posible visita do Papa Francisco a Santiago de Compostela.

Leer más

CULTURA

Aaron Thomas presenta o seu novo disco, The blues and greens

20/05/2013

Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: "The Blues and Greens" (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso.

Leer más

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Santiago rendeu homenaxe a Roberto Vidal Bolaño lembrando a súa figura e descubrindo unha placa diante da súa casa familiar

17/05/2013

A cidade de Santiago homenaxeou a un dos seus veciños ilustres, Roberto Vidal Bolaño, neste Día das Letras Galegas. Así, en Vista Alegre, a carón da casa familiar onde vivira, no número 43, recordouse a súa calidade humana e literaria, e descubriuse unha placa que leva por lema "Polo seu traballo e por toda unha vida dedicada ao teatro galego e á nosa literatura".

Leer más

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os gañadores do concurso "Gústame o galego" recibiron os seus agasallos

17/05/2013

O Pazo de Bendaña acolleu a entrega de agasallos aos autores dos lemas máis votados en Facebook e Twitter dentro da campaña Gústame o galego. Recibiron cadanseus lectores de libros dixitais no marco dunha xornada chea de actividades con motivo do Día das Letras Galegas. Os premios foron entregados polo alcalde, Ángel Currás, e polas concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao.

Leer más
Compartir: