PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, aberto ata novembro no Viveiro de Empresas
O Concello de Santiago colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, que están desenvolvendo a Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas da Costa Vella. A actividade formativa, que empezou onte e se prolongará ata o 22 de novembro, estruturase en tres partes: sesións de formación conxunta, accións de acompañamento e consultoría individualizada e mentoring e seguimento.
XUNTA DE GOBERNO
O acendido do alumeado de Nadal, para as vésperas da ponte da Constitución
A Xunta de Goberno Local nomeou os/as integrantes da comisión de expertos que avaliará as propostas de iluminación de Nadal. Tal como anunciou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a intención do Goberno municipal é acender este alumeado nas vésperas da ponte do día da Constitución (6 de decembro).
ALCALDÍA
Unha placa no parque das Ciencias Isidro Parga recordará o labor investigador do químico Tomás Batuecas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo,e a neta de Tomás Batuecas, Alicia Batuecas Suárez, descubriron, no parque das Ciencias Isidro Parga, unha placa na honra do químico, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galicia.
RECEPCIÓN
A Corporación municipal recibe medio centenar de persoas da Fundación "I´ll Push You" tras rematar o Camiño de Santiago
Representantes dos diferentes grupos da Corporación municipal recibiron este sábado, na praza do Obradoiro, a un grupo de 48 persoas procedentes de Estados Unidos, que rematou nas últimas horas o Camiño de Santiago baixo o lema "Empuxareite: Camiño cccesible". Todos forman parte da Fundación I’ll Push You e unha vintena deles presentan mobilidade reducida. Na recepción participaron a concelleira de Economía, Marta Abal; as edís do PP María Castelao e Beatriz Cigarrán; Rafael Peña, de...
INTEGRACIÓN
Chega a Santiago a VII Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia
Os concelleiros de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e de Deportes, Esther Pedrosa, inauguraron este sábado a terceira etapa da 7ª Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade de Special Olympics Galicia. No acto tamén estaban presentes a concelleira de Economía, Marta Abal; e os edís do PP María Castelao e Beatriz Cigarrán; de Compostela Aberta, Rafa Peña; e Goretti Sanmartín, portavoz do BNG.
ALCALDÍA
Concello e Tráfico comezan a preparar o operativo para o Ano Santo 2021
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, integrantes da Xefatura e responsables da Policía Local de Santiago.
ALCALDÍA
O Goberno local reactivará o Consello Municipal de Persoas Maiores
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa presidenta da Asociación de Pensionistas de Santiago, Manuela Fraguela, e con outros/as integrantes da directiva. O rexedor comunicoulles a súa intención de reactivar o Consello Municipal de Persoas Maiores e de estudar políticas concretas de apoio ao colectivo.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi á Federación Autismo Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Federación Autismo Galicia, en nome da cal estiveron en Raxoi a súa xerenta, Patricia Blanco, e a súa responsable de Comunicación, Adriana Pazos.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta polo modelo de industrialización e de captación de investimentos dos concellos do norte de Portugal
Tras participar esta semana en Portugal na presentación dun informe do Eixo Atlántico sobre captación de investimentos para os concellos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, puxo como exemplo os municipios do norte de Portugal de modelos exitosos de industrialización e de captación de empresas. Por iso, anunciou que se vai intensificar a colaboración con concellos como Viana do Castelo, Braga ou Coímbra para traballar nesta materia e tamén noutras como o turismo ou a investigación.
TURISMO
Ábrese o prazo de inscrición para o XII Santiago(é)tapas e o I Santiago(é)cóctel
Este venres, 4 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. Ademais, tamén se inicia o prazo de inscrición da I edición do Santiago(é)cóctel, o novo concurso de cócteles de Santiago, organizado pola Asociación Hostalería Compostela.