CONVIVENCIA
A Policía Local realiza esta semana controis sobre o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil
A Policía Local de Compostela súmase á Campaña de vixilancia e control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil da Dirección Xeral de Tráfico. Por isto, os/as axentes intensificarán este tipo de inspeccións entre este luns, 12 de setembro, e o vindeiro domingo, 18 de setembro.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os proxectos para a mellora das rúas Picaños, Santas Mariñas e A Estrada
A Xunta de Goberno aprobou hoxe tres proxectos que serán financiados con cargo ao Plan de Remanentes de 2015. Un deles é o de mellora das rúas Picaños, Santas Mariñas e A Estrada, que se atopan actualmente en moi mal estado de conservación. A esta actuación destinarase un orzamento de 371.683,84 euros, IVE incluído.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello programa accións formativas de promoción da economía social e colaborativa
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou no Pazo de Raxoi as actividades formativas dedicadas á promoción da economía social que se realizarán ata o mes de decembro no marco de Compostela Móvese, programa que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.
FACENDA
Remata a semana de asembleas presenciais dos Orzamentos Participativos 2017 co debate e achega de propostas
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, fixo esta mañá unha valoración das tres asembleas presenciais que se celebraron esta semana no marco dos Orzamentos Participativos. Mostrouse moi satisfeita "da participación tanto nas asembleas como no proceso de orzamentos participativos, con 74 propostas presentadas na web".
DEPORTE
Máis de 500 xogadores e xogadoras de baloncesto xuntaranse este sábado no Obradoiro para participar no "Praza 3x3"
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o evento Praza 3x3, que organizan as Federacións Española e Galega de Baloncesto. Na rolda estivo acompañado dun representante da FGB, José M. Castelao, e de Juan Domínguez, representante de CaixaBank, o patrocinador do evento.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O Concello estuda novas medidas para mellorar a seguridade na avenida de Castelao
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da reunión que mantivo onte coa veciñanza do barrio de Vite, na que, entre outras cuestións, se abordou a seguridade viaria na Avenida de Castelao. Xan Duro explicou que os residentes solicitaron mudar a localización da parada de autobús das liñas 5 e 8, devolvéndoa ao lugar no que estaba orixinariamente. Deste xeito, facilitaríase cambiar a ubicación do paso de peóns no que nas últimas semanas se rexistraron dous atropelos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Últimos días para participar na IX edición dos recuperados premios "Educacompostela"
O venres 16 de setembro remata o prazo de presentación de traballos para optar aos premios Educacompostela na súa novena edición. A Concellaría de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperaron este certame despois de seis anos, co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
POLÍTICAS SOCIAIS
O programa "Compostela Convive" dotará de recursos para a busca activa de emprego a persoas con especiais dificultades
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, o programa Compostela Convive, desenvolvido dende o Concello de Santiago e a devandita asociación. O obxectivo desta iniciativa é dotar de recursos na busca activa de emprego a persoas con especial necesidade, como poboación en risco de exclusión social ou inmigrante. A primeira actividade do programa será un Festival Intercultural, que se celebrará este...
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Case 200 nenos e nenas participaron no Programa Municipal de Conciliación de Verán
O pasado xoves, 1 de setembro, comezou nos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación do Verán 2016. Un día antes do seu remate (mañá venres), o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiron uns minutos cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores e monitoras.
FACENDA
A conta xeral do exercicio 2015 reflicte unha mellora nos principais indicadores económicos do Concello de Santiago
A concelleira de Economía e Facenda fixo unha valoración do informe da conta xeral de 2015 que levou esta mañá á Comisión de Facenda para o seu coñecemento e debate por parte dos voceiros dos grupos municipais. María Rozas destacou que o documento reflicte o incremento na liquidez, a redución da débeda por habitante e o incremento da solvencia a curto prazo.