TURISMO
Un total de 109 tapas competirán no XII Santiago(é)Tapas
Xa está todo listo para que este xoves, día 14, arranque a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel. Un total de 77 locais – a cifra máis alta dende que comezou o concurso – competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así como na app quedamosdetapas.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Sindo Guinarte, na apertura do Foro de Cooperación Municipalista da Lusofonía
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, participou hoxe na mesa de apertura do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento, que se celebra ata mañá na EGAP, a Escola Galega de Administración Pública. Despois de darlle a benvida aos/ás participantes, Sindo Guinarte destacou os estreitos vínculos de Galicia con Portugal, e, por extensión, coa comunidade lusófona. Tamén...
ACCIÓN CULTURAL
Convocada unha nova edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
A Asociación do Traxe Galego convoca a XXV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. O certame volve contar con dúas modalidades: traballos descritivos, cun premio de 600 euros, e traballos analíticos, con 1.200 euros. O prazo de presentación de traballos rematará o 30 de novembro e os galardóns entregaranse no Pazo de Raxoi o 18 de decembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o alumeado de Nadal, que se acenderá o 5 de decembro
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adxudicou o alumeado de Nadal. Entre outros asuntos, tamén deu o visto bo aos proxectos de acondicionamento exterior e interior do xacemento do castelo da Rocha Forte, e adxudicou a primeira fase da construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño, na parroquia de Aríns.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realizará obras na capela de Santas Mariñas do Sar
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 57.090,90 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 27 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de tres meses.
ALCALDÍA
O alcalde considera o hub biotecnolóxico e da madeira como "unha das claves do futuro da nosa cidade"
Preto de cen profesionais do mundo da arquitectura, o deseño e a industria da madeira déronse cita na Cidade da Cultura nas X Xornadas de Arquitectura e Deseño, organizadas polo Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia (CMD). Na inauguración participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen sinalou que en "Compostela temos definido que o proxecto base do desenvolvemento futuro da cidade ten que estar baseado na biotecnoloxía e na madeira".
ALCALDÍA
Concello e IES Rosalía de Castro renovan a colaboración no financiamento do Bacharelato Internacional
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional.
ALCALDÍA
O alcalde cre que entre as propostas para a EDAR "hai algunha que ofrece garantías técnicas e de cumprir os compromisos"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, falou este venres da reunión mantida este martes en Madrid na que se presentaron as propostas das nova empresas que participan no procedemento de diálogo competitivo para elixir o proxecto da nova EDAR da Silvouta. Agora será Acuaes a que escollerá catro delas para que redacten un proxecto técnico.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu o profesor José Rivas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres con José Rivas, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da USC.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago realizará controis das condicións dos vehículos durante a vindeira semana
A Policía Local vaise sumar a unha nova campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Desta vez, realizaranse controis das condicións dos vehículos entre o 11 e o 17 de novembro.