ALCALDÍA
O alcalde participa no Día do Camiño Primitivo no San Froilán
O alcalde de Santiago participou no día de hoxe nos actos que organizou o Concello de Lugo para celebrar o Día do Camiño Primitivo, no marco nas festas do San Froilán. Martiño Noriega foi recibido na Casa do Concello xunto aos alcaldes e alcaldesas dos concellos polos que pasa o Camiño Primitivo. Alí reivindicou "o peso específico e a importancia desta ruta, que é un impulso económico para a vilas polas que pasa".
DEPORTE
Angrois acolle este sábado a segunda proba do VII Circuíto de Carreiras Saudables Corresan
Chega unha nova carreira do circuíto Corresan, desta vez cunha das probas máis tradicionais do circuíto como é a da Ruta da Prata-Angrois. Será este sábado a partir das 18.00 horas cun percorrido de arredor de 5,2 km para os adultos, 2,4 para sub 16 e 14 e de 1,2 para sub 12 e sub 10.
CONVIVENCIA
A Policía Local detecta 38 infraccións na campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
A Policía Local realizou máis de 2.000 inspeccións durante a campaña de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil realizada do 1 ao 7 de outubro. Nelas detectáronse un total de 38 infraccións.
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga inicia o curso con novas actividades para a mocidade de Compostela
Arranca a programación de actividades no Centro Xove da Almáciga, que contará con 11 grupos diferentes divididos en horarios de mañá e tarde e onde se combinan propostas do departamento de Mocidade, dos Orzamentos Participativos e do interese das persoas usuarias do Centro. Haberá un total de 310 prazas.
CONVIVENCIA
O Concello de Santiago recibe seis desfibriladores no marco da campaña "Latidos que suman"
O Concello de Santiago vén de recibir seis desfibriladores, na segunda edición da carreira virtual solidaria "Latidos que suman", impulsada pola Asociación España Salud, en colaboración coa farmacéutica Esteve. Os dispositivos foron instalados en diferentes departamentos municipais, aumentando así o número de espazos cardioprotexidos da cidade e incrementando as posibilidades de supervivencia ante unha parada cardíaca.
TURISMO
Os establecementos da cidade xa poden inscribirse en Santiago(é)tapas
Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, coorganizadores do concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas, veñen de abrir o prazo de inscrición para os estabelecementos interesados en participar. As bases e a folla de inscrición poden consultarse na web do concurso, www.santiagoetapas.com. O prazo para inscribirse remata o día 19 de outubro.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 22 ao 26 de outubro
O Teatro Principal será o escenario da Semana do Cine Euroárabe AMAL, que se vai celebrar do 22 ao 26 de outubro. Neses días poderanse ver nove longametraxes de ficción e documentais. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou hoxe na presentación do festival, xunto co seu director, Ghaleb Jaber Martínez, o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o fotógrafo Sergi Cámara, autor da fotografía que serve de imaxe a AMAL.
CENTROS CÍVICOS
Aberto o prazo de preinscrición nas actividades da Rede de Centros Cívicos para o que resta de ano
A concelleira de Centros Cívicos presentou hoxe a programación da rede para o que resta de ano. Concha Fernández salientou que, malia a que o servizo empezou a estar xestionado por unha nova empresa concesionaria, "mantense a oferta dos centros que tiña unha boa acollida por parte da veciñanza, así como a colaboración estable con máis dunha trintena de asociacións veciñais e colectivos diversos que veñen realizando as súas actividades los locais municipais". Como novidade, neste curso...
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela acolle o 16 e 17 de novembro as I xornadas de audición, linguaxe e comunicación
A edila de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernádez, presentou hoxe as xornadas que a Asociación Galega de Mestres e Mestras de Audición e Linguaxe (AGMAL) veñen de organizar para os días 16 e 17 de novembro. Na rolda estiveron Antonio Alonso, tesoureiro da entidade e Eugenio José Fontal, delegado na Coruña de AGMAL.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia inicia unha xira de concertos por Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo en homenaxe ao compositor José Arriola, coñecido como o "Mozart galego"
Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, arranca este xoves, 11 de outubro, cun concerto no Auditorio de Ferrol, ás 20:30 h. A vindeira semana a xira continuará no Círculo das Artes de Lugo (día 17, 20 h); no compostelán Auditorio de Galicia (18, 20:30 h); e rematará no Teatro Afundación de Vigo o día 19, cun concerto que tamén comezará ás 20:30 h. O mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG, será o encargado de levar a batuta nestes catro concertos.