ALCALDÍA

Todo listo para o comezo das obras de reurbanización do tramo entre Galeras, Salvadas e Vista Alegre

04/12/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu conta da Xunta de Goberno extraordinaria, a primeira das tres que previstas para as xornadas do venres 4 e do sábado 5. Entre os asuntos tratados nesta sesión figura a adxudicación definitiva das obras de reurbanización do tramo Galeras – Salvadas – Vista Alegre, e a provisional das obras no campo e costa do Cruceiro do Gaio e na rúa San Clemente.

Leer más

ALCALDÍA

Os xulgados de Fontiñas contarán con nove salas máis en 2012

04/12/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitaron os terreos nos que se construirán os novos xulgados. O Concello cedeu unha parcela de 219 metros cadrados, para sumar unha superficie total de 410 metros cadrados.

Leer más

EMPREGO

O Pazo de Congresos acollerá o 14 de decembro unhas Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción laboral

04/12/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández Blanco, presentaron o programa das Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral, que se desenvolverán o 14 de decembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Dirixidas a persoal técnico e a profesionais relacionados coa promoción do emprego e a inclusión social de todo o Estado Español, o seu obxectivo é promover un lugar de...

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Nadal Solidario achega doazóns de alimentos e xoguetes a catro institucións benéficas

03/12/2009

A Concellaría de Participación Cidadá nunha aposta pola solidariedade social, está a organizar en colaboración co xornal gratuíto Santiagosiete, a campaña Nadal Solidario. A iniciativa, que bota a andar esta semana, consiste na recollida de alimentos e xoguetes, para doar ás catro entidades mais representativas na asistencia dos cidadáns desfavorecidos: Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e Albergue Xoán XXIII.

Leer más

COMERCIO

Promoción Económica repartirá dez mil exemplares de "Regalar custa pouco"

03/12/2009

Vén de editarse o II Catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. Trátase dunha publicación deseñada dun xeito funcional e elegante ao mesmo tempo, seguindo criterios de calidade. É facilmente lexible e manipulable. Ten unha tirada de 10.000 exemplares, que se repartirán entre a cidadanía e as persoas que nos visiten. Para tratar de chegar ao maior público posible, editouse, por primeira vez, en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Leer más

CULTURA

O VIII Festival de Teatro Afeccionado Agustin Magán exhibe en Santiago de Compostela catro espectáculos

03/12/2009

A cidade de Santiago contará cunha nova sala teatral na zona de Santa Marta destinada a espectáculos de formato pequeno. Este anuncio fíxoo a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, na presentación hoxe do VIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, que se celebrará no Teatro Principal do 5 ao 8 de decembro. No acto estivo acompañada polo xefe de servizo da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo, Víctor Rey;...

Leer más

CIDADE HISTÓRICA E CIRCULACIÓN VIARIA

As obras de urbanización no cruceiro do Gaio obrigan a cortar o tráfico no tramo entre Galeras e Poza de Bar

03/12/2009

Con motivo das obras de reurbanización no cruceiro do Gaio e Poza de Bar, a partir do xoves 10 decembro, o cruceiro do Gaio quedará cortado ao tráfico no tramo entre Galeras e Poza de Bar. Comeza así a primeira fase de reurbanización dunha zona na que se reformarán o campo ds Hortas, a rúa do cruceiro do Gaio, a praza en Poza de bar e o campo e costa de Cruceiro do Gaio.

Leer más

CULTURA

Máis de 38.000 persoas pasaron pola XXIII edición de Cineuropa

03/12/2009

A edición número 23 de Cineuropa, festival organizado pola Concellaría de Cultura, chegou ao seu fin. Durante este mes pasaron polas salas do festival máis de 38.000 persoas, en concreto 38.009. O festival consolídase así un ano máis como a cita ineludible do cine en Galicia, xa que, a pesares de reducir o número de salas, segue aumentando en público. O ano pasado pasaron por Cineuropa 36.994 persoas e no 2007, 29.984.

Leer más
Compartir: