NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Continúan as aventuras do conto viaxeiro

22/05/2013

Durante este mes de maio estase a desenvolver o programa O conto viaxeiro en diferentes colexios da cidade, entre eles, o Rodríguez Xixirei de Lavacolla, que recibiu a visita das concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao.

Leer más

CULTURA

O alcalde presentou o ciclo de Música Contemporánea ao Inaem e ao Centro Nacional de Difusión Musical

22/05/2013

O vindeiro 3 de xuño serán presentadas en Santiago unhas xornadas de Música Contemporánea organizadas polo Departamento de Cultura do Concello en coprodución co Centro Nacional de Difusión Musical, institución dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O alcalde foi a Madrid para presentar o programa completo tanto no Centro nacional como no Instituto Nacional das Artes Escéncias e Musicais.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

Os particulares e as asociacións poderán solicitar a autorización para as cacharelas de San Xoán do 1 ao 15 de xuño

22/05/2013

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, deu conta das normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán, que serán aprobadas na próxima sesión da Xunta de Goberno. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto do 1 ao 15 de xuño e non se atendera ningunha das que se presente fóra do mesmo, nin antes nin despois.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

A Rede Barrio de Conxo-Milladoiro incorpórase á web Compostela Integra

21/05/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a xuntanza desta rede, na que se acordoi a acordouse a incoporación do grupo de traballo Barrio de Conxo-Milladoiro a Compostela Integra, páxina web creada pola Concellaría de Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago que serve de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social.

Leer más
Compartir: