MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Policía Local e Garda Civil realizaron 260 probas de alcoholemia e drogas na noite do 6 de decembro, con oito positivos
Na noite do 6 de decembro, nun dispositivo conxunto, a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela realizaron probas de alcoholemia e drogas en varias localizacións da cidade. Estes controis teñen un fin preventivo e os dous corpos continuarán a súa colaboración nesta materia.
ALCALDÍA
A Unión Hotelera Compostela expresa a súa vontade de colaboración co Concello para mellorar o sector turístico
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe coa directiva da Unión Hotelera Compostela, encabezada por Esteban Iglesias, presidente e portavoz da entidade. No encontro, expuxéronlle ao rexedor a vontade de colaboración co Concello para mellorar a situación no que se atopa o sector turístico.
CONSORCIO
A RFG celebra dous concertos con "O Mesías", de Haendel, baixo a batuta do mestre Robert Howarth
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos dedicados a O Mesías, de Haendel, en colaboración coa Obra Social "La Caixa". Serán o xoves 12 e o venres 13 de decembro, ambos ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia; baixo a batuta do mestre Robert Howarth, que ademais tocará a clave.
CIDADE HISTÓRICA
Sete operadores manifestan o interese en presentar propostas para despregar fibra no casco histórico de Santiago
Un total de sete operadores amosaron interese en participar na rolda de consultas aberta pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Concello de Santiago para presentar proxectos de despregamento de fibra óptica no casco histórico de Compostela, en base ao Catálogo de Solucións Técnicas aprobado este verán polo Goberno galego.
FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
En marcha un programa de Nadal cheo de actividades para todas e todos
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e a concelleira accidental de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentaron a programación de Nadal, que arrinca simbolicamente este mesmo xoves co acendido do alumeado de Nadal e a apertura do Mercado de Nadal. O calendario inclúe numerosas propostas para todos os públicos, con especial atención ás actividades para os/as máis pequenos/as.
TURISMO E FESTAS
Máis de 200 figuras integran o Belén da igrexa de San Fiz de Solovio, que pode visitarse ata o 5 de xaneiro
Os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte, e de Festas, Gonzalo Muíños, visitaron hoxe o Belén tradicional de San Fiz de Solovio, promovido polo Concello de Santiago, e no que colaboran o Mercado de Abastos, o Colexio Maior de San Agostiño e o Arcebispado de Santiago de Compostela. Son máis de 200 figuras, cedidas por José Uzal, que tamén se encargou da montaxe. Todo o Nacemento está feito a man, con barro e lenzo pintado, e inclúe diferentes escenas de Nadal, pezas en movemento, iluminación e son, ademais de auga natural.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e drogas na condución durante a vindeira semana
Dende o 9 ao 15 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
DEPORTES
USC, Xunta, Deputación e Concello traballan na renovación das pistas de atletismo universitarias
A USC está a traballar conxuntamente coa Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Santiago na renovación das pistas de Atletismo universitarias. O obxectivo desta iniciativa é recuperar a homologación destas instalacións deportivas por parte do Comité de Xuíces da Federación Española de Atletismo, de modo que as pistas podan acoller probas oficiais cos correspondentes recoñecementos das marcas.
EDUCACIÓN
Tres formacións da EMM ofreceron un concerto interxeracional ás persoas participantes no programa do IV Ciclo da USC
O salón de actos da Escola Municipal de Música acolleu este mércores un concerto interxeracional no marco do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC. Esta actividade é froito do convenio de colaboración asinado en decembro de 2015 entre o Departamento de Educación do Concello e a USC para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia.
ALCALDÍA E FESTAS
Acendido o alumeado de Nadal, que este ano chega a 170 localizacións diferentes de Compostela
A praza do Obradoiro acolleu o acto de acendido da iluminación de Nadal, coa asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da Corporación. Alí, puideron observar a árbore cónica de leds e o Belén luminoso instalados na praza, dende a que tamén se pode observar a iluminación do Pazo de Raxoi.