SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello de Santiago instala un 'hotel de polinizadores' para incrementar a produción de cultivos de froitas e de horta
A Concellería de Sustentabilidade Ambiental instalou un hotel de polinizadores no parque de Vista Alegre, na antiga Finca Simeón, para favorecer a interacción de insectos beneficiosos para as plantas e a polinización de cultivos de cara a mellorar a saúde do ecosistema.
EMPREGO
O Concello incorpora o programa FemCoders ao Plan Integrado de Emprego
Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Ecoómica e Xuventude. A súa responsable, María Rozas, deu conta hoxe das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade novidosa dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.
DEPORTES
Aberta ata o 14 de maio a inscrición para a X Carreira Camiño das Letras que conta co apoio do Concello de Santiago
A X Carreira Camiño das Letras celebrarase o vindeiro 17 de maio con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que percorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, na propia contorna do Gaiás. Tamén haberá circuítos na Cidade da Cultura para a rapazada, que poderá participar nalgunha das catro categorías habilitadas por idades (de sub 6 a sub 16). As persoas participantes poden inscribirse ata o 14 de maio en www.carreirasgalegas.com e todas recibirán un libro de agasallo.
ALCALDÍA
A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico impulsa a participación das súas cidades nas Estratexias Territoriais Integradas (ETI)
A reunión celebrouse en Carballo, municipio que presentou o Plan de Acción da súa Axenda Urbana e contou coa presenza do concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César.
DEPORTES
Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión
A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Rematan as actividades de Educación Viaria da Policía Local cunha gran festa no Auditorio
Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros escolares de Santiago participaron na VI Gala pola Seguridade Viaria coa que a Policía Local pecha as actividades de Educación Viaria dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria. No transcurso da festa fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado ao abeiro do programa.
FESTAS
O concerto "Los 40 Santiago Pop" e a orquestra Panorama abren as Festas da Ascensión deste ano
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como David Otero, Bombai ou Lontreira. Seguirá a troula coa orquesta Panorama que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 22:30 horas na praza do Obradoiro. Fillas de Cassandra e Billie Marten son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración da segunda edición do Composfest que...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago reuniu a súa Comisión Executiva
Apróbase a temporada 2024-2025 da Real Filharmonía de Galicia.
CAPITAL CULTURAL
‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de Galicia
Pentación Espectáculos produce esta montaxe arredor da dependencia tecnolóxica con texto de Daniel Dicenta e Juanma Gómez, dirixida por Magüi Mira e cun elenco que completan Ana Labordeta e Lola Baldrich. A función, para a que xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles, terá lugar este xoves día 9 de maio, ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.