EDUCACIÓN
O Concello e Stop Accidentes chaman á sensibilización cidadá sobre a violencia viaria
O domingo 21 de novembro celebrase o Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria. O Concello de Santiago, en colaboración con Stop Accidentes súmase a este recoñecemento institucional cunha serie de actos que se celebrarán o día anterior, sábado 20, a partir das 12:30 horas, na praza do Toural.
ALCALDÍA
A Executiva do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España reúnese en Santiago e reafirma o seu apoio ao Ano Xacobeo
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, formada polos alcaldes de Santiago, San Cristóbal de La Laguna, Salamanca, Segovia e Toledo, reunirase o venres 19 de novembro na cidade.
ALCALDÍA
O alcalde reclama unha decisión urxente da Xunta de Galicia no reparto de fondos para as liñas de baixo custo
A reunión do Comité de Rutas Aéreas finalizou sen ningún tipo de acordo, indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras saír da mesma. Segundo apuntou, os concellos da Coruña e de Vigo non aceptaron o punto de partida ao que chegara a comisión técnica respecto ao mantemento para 2011 de, cando menos, das mesmas conexións que en 2010.
XUNTA DE GOBERNO
Modificación do proxecto de reurbanización da rúa San Clemente pola fonte atopada
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto modificado da reurbanización da rúa San Clemente. Este cambio vén motivado pola aparición dunha fonte histórica neste espazo. Tamén se cambiou o proxecto do campo de fútbol de Villestro por causas sobrevidas.
CIRCULACIÓN VIARIA
Ábrese o prazo de solicitude das tarxetas para o aparcamento de residentes nos barrios de Vite e Guadalupe
Entre o mércores 17 de novembro e o 9 de decembro, os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poderán solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes. Só se concederán dúas tarxetas por titular e/ou domicilio.
CULTURA
O IV Certame Galego de Bandas reúne 18 formacións no Auditorio
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o IV Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar do venres 19 a domingo 21 no Auditorio de Galicia.
CULTURA
Luis Miñarro cualifica como imprescindibles festivais de calidade como Cineuropa
O produtor de cine, Luis Miñarro, declarou que considera imprescindibles festivais que, como Cineuropa, fan unha aposta pola calidade e o cinema comprometido. "Sen este tipo de circuítos este tipo de cine estaría abocado ao fracaso", sentenciou na rolda de prensa con motivo da homenaxe que Cineuropa lle dedica ao produtor catalán na sección Focus-Retrospectiva 2010.
BENESTAR SOCIAL
A exposición "Elas fan Camiño" rende homenaxe ás mulleres peregrinas e promotoras da ruta xacobea
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou a exposición Elas fan Camiño, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia. A mostra, cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade, inaugúrase o mércores 17 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María, 6).
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá abre a Casa das Asociacións ás novas tecnoloxías
Participación Cidadá 2.0 é a denominación da nova oferta que a Casa das Asociacións presenta aos veciños de Compostela. Isto é posible grazas á posta en marcha da Aula de Informática e dunha serie de talleres co obxectivo de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías.
URBANISMO
EMUVISSA fai balance de dez anos de política municipal de vivenda
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA) cumpre dez anos xestionando solo e vivenda na cidade e sendo o instrumento principal da política municipal deste ámbito. Para celebralo, o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolle o 15 e o 16 de novembro as xornadas Dez anos de política municipal de vivenda.