ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Música
Do 2 ao 16 de maio (ambos inclusive) poderán reservar praza os alumnos da Escola Municipal de Música do Concello de Santiago que queiran volver a matricularse. O prazo de preinscrición para novos alumnos vai do 2 ao 27 de maio e, unha vez admitidos, poderán formalizar a matrícula do 6 ao 17 de xuño.
BENESTAR SOCIAL
Comeza o VI Obradoiro de Educación Familiar
O programa desenvolverase en oito sesións, desde o 6 de abril ata o 25 de maio de 2005, co obxecto de reforzar o traballo educativo que se está a levar a cabo coas familias participantes no Programa de Intervención Familiar.
FUNDACIÓN GRANELL
O vangardista traballo fotográfico de Pedro Otero, na Fundación Granell
O mércores 6 de abril, ás 20 horas, inaugúrase no segundo andar do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, a mostra "Pedro Otero. Fotografías". Está organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración coa Fundación Eugenio Granell.
BOMBEIROS
O parque de bombeiros moderniza a súa flota
A praza do Obradoiro acolleu a presentación do equipamento do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago, tras asinar o 1 de abril o convenio sobre o novo parque comarcal de bombeiros.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
As xornadas "Mira cos mesmos ollos" tratarán o tema da inmigración
As Xornadas de Inmigración "Mira Cos Mesmos Ollos ", organizadas polo Departamento de Emigración e Inmigración do Concello, xunto coa Fundación Caixa Galicia e o Foro da Inmigración, celebraranse na Aula de Cultura de Caixa Galicia, (Rúa Carreira do Conde), os días 6, 7 e 8 de abril de 19.30 a 22 horas.
ALCALDÍA
Autoridades da cidade chinesa de Qu Fu visitan Compostela
O Alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto ao concelleiro de Turismo, Francisco Candela, recibiu na Casa do Concello a delegación municipal da cidade chinesa de QuFu, que, grazas ao programa comunitario Asia Urbs, será rehabilitada coa colaboración compostelá.
INFRAESTRUTURAS
Compostela verá reparadas varias beirrarúas dos seus barrios
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto "Reposición de beirarrúas en barrios do Concello", que se executará en dous meses e terá un orzamento total de 60.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno manifesta nun acordo o seu pesar polo pasamento do Papa
O Concello enviou un telegrama o sábado 2 de abril, data do falecemento, de Xoán Pablo II, para comunicar as condolencias da cidade e da Alcaldía.
ALCALDÍA
Visita do director xeral da Casa de Asia de Barcelona
O Alcalde Compostelán recibiu ao director xeral da Casa de Asia de Barcelona
EDUCACIÓN
Contacontos e talleres de ilustración e de escrita creativa para os nenos composteláns
No acto de inauguración da V Campaña de Animación á Lectura "Palabras no bosque" estiveron presentes representantes da Editorial Kalandraka, a Concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos e o xerente de Sargadelos, José Luís Vázquez Montero.