CONSORCIO

O Consorcio comeza a restauración das varandas artísticas do Pazo de Raxoi

20/09/2013

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, iniciou esta semana as obras de restauración e mantemento das varandas históricas do Pazo de Raxoi. Trátase dun proxecto, elaborado pola Oficina Técnica do Consorcio, que vai permitir recuperar as varandas de forxa da fachada principal do Pazo de Raxoi, tanto as dos balcóns como as das ventás balconeiras.

Leer más

CULTURA

Pablo Guerrero celebra os seus 40 anos de carreira cun concerto no Teatro Principal

20/09/2013

O Teatro Principal acollerá este sábado 21 de setembro o concerto do cantautor estremeño Pablo Guerrero, no que presentará Lobos sin dueño, unha antoloxía da súa obra que celebra os 40 anos de A cántaros, o seu primeiro disco. Será a partir das 21:00 horas nun concerto enmarcado dentro do ciclo Íntimo & Acústico, no que tamén poderemos escoitar a Bigott o 26 de setembro e a Luís Emilio Batallán o 17 de outubro.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

A noite deste xoves deixou un balance de menos sancións por consumo na vía pública e por ruído en pisos respecto ao xoves anterior

20/09/2013

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, fixo un balance policial dos dous primeiros xoves de lecer nocturno dende o inicio do curso universitario. O edil valorou o efecto disuasorio dos controis policiais e das sancións impostas, xa que se constatou unha redución significativa no número de infraccións, tanto por consumo de alcohol na vía pública como por ruídos en pisos do Ensanche.

Leer más

CULTURA

Elizabeth Watts, protagonista do concerto 20º aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España

20/09/2013

A soprano Elizabeth Watts e o pianista Roger Vignoles ofrecen un concerto o martes 24 de setembro, ás 21:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos. Será o concerto de celebración do 20º aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e, ademais, suporá tamén a clausura do XIV Ciclo de Lied. As entradas serán de balde e todos aqueles interesados en asistir poden recollelas xa na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Leer más

URBANISMO E XUNTA DE GOBERNO

O Concello elaborará unha nova ordenanza reguladora das condicións urbanísticas das infraestruturas de telefonía móbil

19/09/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o Concello vai elaborar unha nova Ordenanza reguladora das condicións urbanísticas das instalacións de telefonía móbil. Como paso previo, será debatida en Pleno a adhesión municipal ao Código de Boas Prácticas para a instalación de infraestruturas de telefonía móbil, subscrito pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coas compañías de telecomunicacións. Este punto foi xa abordado na Comisión...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O luns 23 remata o prazo de solicitude de participación no I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais

19/09/2013

A Concellería de Centros Socioculturais puxo en marcha o I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais, organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña. Esta primeira edición do certame centrarase na intervención sobre pare do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña. O prazo de solicitude de participación neste certame rematará o luns 23 de setembro.

Leer más

CULTURA

Vargas Blues Band presenta en Compostela seu novo disco, "Heavy city blues"

19/09/2013

Comeza a programación do ciclo Blues Nite para este cuadrimestre coa Vargas Blues Band, que chega a Compostela para presentar o seu novo disco, Heavy city blues. Será este venres, 20 de setembro, na Sala Capitol e as entradas -12 € anticipada e 17 € o día do concerto- poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, A Reixa Tenda e salacapitol.com. Tras a Banda chegarán ao ciclo Blues Nite Carvin Jones e os galegos Dixie Town, Thee Blind Crows, Psycothic Acid Freek e Adrián Costa.

Leer más
Compartir: