ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
O alcalde reúnese con Diego Santilli, vicexefe de Goberno da cidade de Bos Aires
Na súa primeira xornada en Bos Aires, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega mantivo unha xuntanza con Diego Santilli número 2 do Goberno porteño e presidente da lexislatura. Durante a mesma, Noriega manifestou a vontade de Compostela de "fortalecer e establecer novos vínculos coa capital arxentina", para o cal considerou que "a edición da Feira do Libro dedicada a Santiago constitúe unha oportunidade perfecta".
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Martiño Noriega e Branca Novoneyra visitan o Centro Galego de Bos Aires
No marco da axenda oficial do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, durante a súa estadía en Bos Aires, realizou onte unha visita o Centro Galego da capital arxentina, onde puido visitar o cuarto no que morreu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en 1950.
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día do Libro coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o sábado
O vindeiro sábado, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois participa en Valencia na Asemblea Xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (Redel)
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na Asemblea Xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local, Redel, da que Santiago forma parte dende a súa constitución no ano 2007. Aproveitando a celebración da Asemblea Xeral hoxe en Valencia, a Rede organizou tamén para mañá a xornada de traballo "Promovendo o emprego de calidade no sector do turismo", na que tamén participará a concelleira.
ACCIÓN CULTURAL
"Rinconete y Cortadillo", de Alberto Conejero, a próxima semana no Teatro Principal
Rinconete y Cortadillo é unha comedia sobre a picaresca, os nenos prodixio, a amizade, a loita entre a realidade e a ficción e sobre os parias cos que Cervantes deu paso á modernidade. Poderemos véla o martes 26, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal, dentro dos eventos de celebración do 175º aniversario do teatro e enmarcado no programa Platea do INAEM. Trátase dunha obra de Alberto Conejero, protagonizada por Santiago Molero e Rulo Pardo baixo a dirección de Salva Bolta.
TURISMO
Intensa promoción das Cidades Patrimonio da Humanidade de España en América e Asia
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España desenvolveu na última semana unha intensa actividade de promoción en Estados Unidos e China, presentando a través do seu técnicos de turismo e coa colaboración de Turespaña a súa oferta cultural a turoperadores e medios destes mercados emisores.
MEDIO RURAL
O PAS 2015 suporá investimentos de máis dun millón de euros na zona rural de Santiago
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe dos proxectos que o Concello de Santiago vai executar con cargo ao Plan de Acción Social da Deputación da Coruña. Está previsto que o organismo provincial aprobe definitivamente as achegas do PAS 2015 nos vindeiros meses. As actuacións que o Concello incluíu no programa suporían un investimento na zona rural de Compostela de 1.025.932,22 euros. Rafael Peña aproveitou a súa comparecencia para informar do estado de tramitación dos proxectos incluídos...
CONCENTRACIÓN
Integrantes da Corporación sumáronse á demanda dunha sanidade universal
Varios concelleiros e concelleiras da Corporación, dos grupos municipais de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG, sumáronse a concentración diante do Pazo de Raxoi convocada por Médicos do Mundo en Galicia baixo o lema "Cidades pola sanidade universal".
DEPORTE E TURISMO
SantYaGo10K alcanza xa as 300 persoas inscritas a un mes para a carreira
SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, celebrarase o sábado 21 e maio ás 22:30 horas. Cando queda aínda un mes para a carreira, hai xa 300 persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un novo circuíto lineal de 10 quilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico.
CONVIVENCIA
Recepción no Obradoiro á Academia da Garda Civil de Tráfico de Mérida
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, participaron na recepción á Academia de Garda Civil de Tráfico de Mérida.