CULTURA

Dúas novas propostas dentro do ciclo Teatro&Danza

27/05/2013

Esta semana o Teatro Principal de Compostela acollerá dúas propostas do ciclo Teatro&Danza, que traerán as súas tablas ‘Viaxe a ningunha parte’, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez, e ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Os composteláns celebraron o Día da Familia

25/05/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, comprobou in situ o bo funcionamento dos obradoiros programados para celebrar o Día Internacional da Familia. Ao longo da tarde foron moitos os composteláns e compostelás que se achegaron ata a praza Roxa para participar das actividades.

Leer más

TURISMO

A praza do Obradoiro acolleu os soldados imperiais de Star Wars

25/05/2013

Máis de 350 persoas disfrazadas de 'imperial stormtroopers', soldados imperiais, e outros personaxes da saga 'Star Wars' invadiron este sábado as rúas de Santiago de Compostela en homenaxe ao 30 aniversario da estrea do 'Retorno do Jedi'. No Concello foron recibidos polo alcalde compostelán, Ángel Currás. Esta iniciativa conta coa colaboración de Turismo de Santiago.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os máis pequenos contarán cun amplo abano de actividades nos centros socioculturais para as mañás de xullo

24/05/2013

A Concellaría de Centros Socioculturais, coa finalidade de ofertar un servizo para o lecer e o tempo libre dos máis pequenos durante as mañás do mes de xullo, facilita en sete localizacións da rede sociocultural, as "mañas de verán e de xogo". O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa completo de actividade en rolda de prensa.

Leer más
Compartir: