ALCALDÍA

O alcalde segue a confiar en que o convenio da estación do AVE se asine na primeira semana de novembro

26/10/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recordou unha vez máis que o borrador do convenio para a construción da estación do AVE "foi redactado e conformado" por todas as partes. Insistiu tamén en que "o tráfico é unha competencia municipal" e na súa confianza en que "o convenio se asine na primeira semana de novembro, despois de ter sido xa retrasada a súa sinatura tres veces".

Leer más

ALCALDÍA

Santiago homenaxeou a "Borobó"

24/10/2009

A Asociación de Periodistas de Santiago entregou o I Premio Raimundo García Domínguez, "Borobó", no transcurso do I Certame e Xornada de Periodismo de Opinión, celebrado na sede da Fundación Caixa Galicia. O gañador foi o xornalista Xabier Lama, autor do artigo Borobó contra Wallace Sousa, quen se impuxo nunha convocatoria á que concorreron máis de 50 artigos de opinión.

Leer más

CULTURA

"A cinta branca" de Michael Haneke, gañadora da Palma de Ouro en Cannes, abrirá a 23 edición de Cineuropa

23/10/2009

Da man de novembro chega a Compostela de novo o festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellaría de Cultura. Comezará o 4 de novembro a súa 23 edición coa estrea do esperado filme de Michael Haneke A cinta branca, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes. Ademais de Haneke, na sección oficial do Festival, competirán polo premio do público outros 31 filmes, con títulos tan destacados coma Looking for Eric, de Ken Loach; Soul Kitchen, coa que Fatih Akin obtivo o premio á mellor...

Leer más

ALCALDÍA

A plantación de 250 árbores no parque Antón Avilés de Taramancos abre a campaña "¡Plántate! Ven e sementa vida"

23/10/2009

O parque Antón Avilés de Taramancos, nas Cancelas, foi o escenario dunha plantación de 250 árbores incluída na campaña "Plantemos para el Planeta", integrada no Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). No marco desta campaña lanzouse a acción ¡Plántate! Ven e sementa vida, promovida por 40 Principales en colaboración coa Fundacións Más Árboles (F+á), cuxo punto de partida foi Santiago de Compostela.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde demanda a sinatura inmediata do convenio da estación do AVE

23/10/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou en rolda de prensa que todas as propostas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a propósito da estación do AVE, "foron escoitadas e incorporadas ao convenio. Por este motivo, sinalou que "non hai ningunha xustificación para non asinar xa este convenio", polo que agarda que esta firma se produza "a ser posible, na primeira semana de novembro".

Leer más
Compartir: