FESTAS
Lucía Freitas abre as Festas do Apóstolo cun pregón cheo de amor por Santiago ao son dunha gran foliada popular
A cociñeira Lucía Freitas inaugurou esta nova edición das Festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi, ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciñanza e visitantes para bailar e gozar ao ritmo das gaitas e as pandeiretas. A pregoeira transmitiu nas súas palabras o seu amor por Compostela e as súas xentes a través da súa aposta por unha gastronomía que fusiona raíces e vangarda e da defensa dos nosos produtos locais e do labor das mulleres do sector primario.
FESTAS
O pregón de Lucía Freitas inaugura as Festas do Apóstolo ao son dunha foliada aberta a toda a veciñanza
As Festas do Apóstolo 2024 botan a andar mañá, venres 19, cun pregón a cargo da cociñeira compostelá Lucía Freitas, que terá lugar ás 21.30 h desde o balcón do Pazo de Raxoi e que estará amenizado por unha foliada colectiva na praza do Obradoiro a partir das 20:30 horas á que está convidada toda a veciñanza. A praza do Quintana acollerá a continuación o concerto de Dakidarría, unha banda galega que fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía.
FESTAS
Chaián celebra este domingo a XLVIII Festa do Escalo
A Festa do Escalo de Chaián vénse celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos, así como unha concorrida festa gastronómica e posterior baile. Esta xornada conta co apoio do Concello de Santiago polo que está incluída no programa de Festas do Apóstolo 2024.
ECONOMÍA E FACENDA
O concelleiro de Facenda anuncia o expediente de remanentes por 6,7 millóns co foco nas necesidades urxentes do Concello e as políticas de vivenda
O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, informou hoxe do expediente de utilización de remanentes que o Goberno local vai levar ao Pleno extraordinario do 31 de xullo e para o que agarda contar co apoio maioritario do resto de forzas da corporación municipal. Na súa intervención, lembrou que o Concello fixo "un esforzo" nas últimas semanas para pagar as facturas, incluidas as obrigas pedentes de aplicar (OPA), de xeito que parte dos remanentes foron empregados para este fin.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha extensa mostra fotográfica de Ksado
A exposición "Ksado. Iconas de Galicia" recolle arredor de 300 pezas entre fotografías, postais, cromos e material fotográfico.
MOBILIDADE
A concesionaria do transporte encarga as reparacións necesarias para garantir o funcionamento da app MaisBus
A concesionaria do servizo de transporte urbano, Tralusa, ven de reclamarlle á súa operadora de telefonía que realice as reparacións necesarias para garantir o correcto funcionamento da app MaisBus. Despois da inspección realizada esta mañá por parte da empresa municipal Tussa, acometéronse outras medidas que o Concello considera provisionais e transitorias para recuperar a operatividade da aplicación.
CONVIVENCIA
A Xunta Local de Seguridade aborda os dispositivos especiais para as Festas do Apóstolo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, presidiron hoxe a reunión da Xunta Local de Seguridade convocada para coordinar as medidas de prevención e seguridade durante as Festas do Apóstolo. Na xuntanza tamén participou o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, así como os representantes dos diferentes Corpos e Forzas de Seguridade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Barcelona 14 de xullo, vítima de violencia de xénero.
MOBILIDADE
O Concello esíxelle á operadora do transporte que solucione os problemas de funcionamento da app MaisBus
A empresa municipal Tussa volveu esixirlle hoxe á concesionaria do servizo de transporte urbano que acometa as medidas necesarias para solucionar os problemas de funcionamento do Sistema de Axuda á Explotación que se veñen rexistrando nos últimos días, e que está a provocar problemas na operatividade da app "maisbus".
FESTAS
O Día do Traxe Galego cumpre 45 edicións de posta en valor da indumentaria tradicional
Esta mañá presentouse no Pazo de Raxoi o programa da 45 edición do Día do Traxe Galego, unha cita que vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo, e que este ano terá lugar o vindeiro domingo 21 de xullo con desfiles, exhibicións e o tradicional certame.