ACCIÓN CULTURAL
Excéntricas estrea este venres en Compostela "A cabeza do dragón", primeira obra de Valle-Inclán representada en galego
Producións Teatrais Excéntricas estrea este venres en Compostela A cabeza do dragón, a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego. As funcións serán ademais de mañá, día 3, tamén os días 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo ás 20:30 horas, nun dos eventos culturais máis relevantes do 2017 no país.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Starcach", "Ser docente a través da arte" e "Dimenome", gañadores da IX edición dos Premios Educacompostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios da IX edición do certame Educacompostela. Foi nun acto no Salón Nobre do Concello no que estivo acompañado do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e da presidenta da Nova Escola Galega, María Dolores Candedo.
MEDIO AMBIENTE
Servizo de lacería
Recollida de cans e gatos abandonados na vía pública. Tódolos días do ano, as 24 horas do día.
EDUCACIÓN
Admisión no ensino público
Proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018, nas escolas infantís municipais e na Escola Municipal de Música. En primeiro lugar, adxúntase a documentación relativa aos centros docentes públicos e, a continuación, a relativa ás escolas infantís municipais.
CONSORCIO
O director onubense Lucas Macías levará esta semana a batuta da Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves 2 de marzo, na súa sede, o Auditorio de Galicia. A cita será ás 20:30 horas, baixo a batuta do mestre onubense Lucas Macías, que ademais de director é un grande intérprete de oboe.
IGUALDADE
O Concello de Santiago e Inversa Teatro convidan a un "Té con Kant" polo Día Internacional das Mulleres
O salón amarelo do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá unha breve representación teatral da obra de teatro Té con Kant. Serviu como aperitivo do que o estudantado de Filosofía de Bacharelato dos centros públicos de Compostela poderán ver o vindeiro luns 6 de marzo, a partir das 11:30 horas, no Paraninfo de Historia da USC.
MEDIO AMBIENTE
Galeras contará cun novo parque infantil adaptado para nenos e nenas con diversidade funcional
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe o proxecto de renovación da área de xogos infantís do parque de Galeras, no que se van investir preto de 75.000 euros. O edil lembrou que os elementos de xogo desta área teñen unha antigüidade de máis de 14 anos.
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
Aberta a exposición de pintura de María Maquieira no marco das actividades polo 8 de marzo
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer esta mañá a exposición de pintura que se inaugura esta tarde na Fundación Eugenio Granell, e que se poderá visitar ata o 26 de marzo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Presentadas as bases da X edición do Premio Internacional "Compostela" para Álbums Ilustrados
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi as bases da décima edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Estivo acompañado do director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, e do reponsable do Departamento de Educación, Xosé M. Rodríguez-Abella.
FESTAS
A queima do Meco puxo fin ao Entroido 2017
A programación do Entroido 2017 concluíu este mércores co acompañamento do Meco dende a praza do Toural ata a praza Roxa, onde ardeu finalmente.