DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Máis de 150 makers participarán na Maker Faire Galicia os días 1 e 2 outubro

06/09/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a Maker Faire Galicia, acompañada de dúas persoas da organización do evento, Matilde Rodríguez e Enrique Saavedra. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos.

Leer más

MOBILIDADE

Comeza o proceso para redefinir as liñas do transporte público, en diálogo coa cidadanía

06/09/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe os detalles do borrador para a reorganización das liñas de autobús, que esta tarde lle será dado a coñecer á veciñanza nunha reunión aberta no Auditorio de Galicia, a partir das 20:15 horas. Jorge Duarte anunciou a convocatoria dunha nova xuntanza para o día 13 de setembro, para lle dar unha nova oportunidade aos cidadáns e cidadás que non poidan asistir ao encontro de hoxe.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ábrese o prazo de solicitude para os obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

06/09/2016

Este mércores, 7 de setembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nos obradoiros para o curso 2016-2017 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Ofértanse 45 prazas -15 por cada un dos centros- para uns talleres que se desenvolverán pola tarde durante o período lectivo e pola mañá en datas de vacacións. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal ata esgotar as prazas.

Leer más

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

O curso 2016-2017 comeza con normalidade nas escolas infantís municipais

05/09/2016

O alcalde e o concelleiro de Educación e Cidadanía visitaron esta mañá as tres escolas infantís municipais, para coñecer como marcha o inicio do curso. Martiño Noriega e Manuel Dios achegáronse aos centros de Fontiñas e de Conxo, que contan con 61 prazas cada unha, e ao de Salgueiriños, que dispón de 123 prazas.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois destaca a importancia para Santiago do turismo idiomático

05/09/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e unha representación da Corporación recibiron o profesorado de Español como Lingua Estranxeira (ELE) de universidades de Estados Unidos e Canadá que participa no programa de promoción inversa dos Cursos Internacionais da USC. No encontro tamén participou a xerente destes Cursos, Pilar Taboada de Zúñiga.

Leer más

ALCALDÍA E DEPORTE

Recepción no Pazo de Raxoi á selección de fútbol sala de Uzbekistán

05/09/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Deporte, Rafael Peña, e outros membros da Corporación, recibiu os xogadores, técnicos e directivos da Selección de Uzbekistán de fútbol sala. O combinado asiático está preparando en Santiago a súa participación no Mundial, que se celebrará en Colombia a partir do 10 de setembro.

Leer más

MOBILIDADE

O concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade reúnese mañá coa veciñanza para explicar as novas liñas de autobús

05/09/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade reunirase mañá martes coa veciñanza, para dar conta do borrador das novas liñas de transporte urbano no que está traballando o seu departamento da man de Tussa. O encontro, aberto a calquera cidadán e cidadá que queira participar, será a partir das 20:15 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más

FACENDA

Asembleas de debate dos Orzamentos Participativos para trazar propostas e poñer en común as necesidades dos barrios

03/09/2016

Os Orzamentos Participativos Compostela Decide, que continúan ata o 14 de setembro na fase de presentación de propostas, celebrarán a vindeira semana tres asembleas para poñer en común necesidades e ideas para barrios e zonas concretas compostelás. Nestes encontros, abertos a toda a cidadanía, calquera persoa ou colectivo poderá expoñer as súas propostas de investimentos, no caso de telas deseñadas, ou contribuír ao debate de problemáticas detectadas, propostas xa feitas e novas ideas para atallalas....

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello porá en marcha o luns 12 de setembro o servizo de comedores e de madrugadores para o curso 2016-2017

02/09/2016

O Concello de Santiago porá en marcha, o luns 12 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Leer más
Compartir: