ALCALDÍA
Falece Dositeo Rodríguez, concelleiro da Corporación no período 1999-2006
Este venres faleceu no CHUS o ex concelleiro da Corporación Dositeo Rodriguez, vítima do coronavirus. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e toda a Corporación expresan o seu pesar por este falecemento e as condolencias á súa familia.
EDUCACIÓN E POLÍTICAS SOCIAIS
Un total de 265 escolares benefícianse do servizo extraordinario de comedor posto en marcha polo Concello de Santiago durante o estado de alarma
265 escolares estanse a beneficiar do servizo extraordinario de comedor, un servizo de catering posto en marcha polo Concello de Santiago co obxectivo de garantir, durante o estado de alarma, a alimentación dos/as menores beneficiados/as polas bolsas de comedor, na modalidade de escaseza de recursos.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros de Santiago realizan labores de desinfección no exterior de diferentes puntos da cidade
Os Bombeiros de Santiago de Compostela están realizando estes días labores de desinfección no exterior de lugares de especial tránsito de xente, tales como supermercados, centros de saúde, hospitais, albergues, estacións, etc. Na rutas periódicas marcadas vanse incluíndo novos puntos en función das necesidades.
XUNTA DE GOBERNO
As familias en situación de vulnerabilidade poden acceder a tíckets especiais de compra nos principais supermercados da cidade
A Xunta de Goberno Local celebrou este mércores unha sesión extraordinaria, na que avaliou a crise sanitaria do COVID-19 e na que se adoptaron diversos acordos de validación de contratos de emerxencia en relación a esta situación. Entre eles, ratificáronse os contratos de subministración de produtos de alimentación e de hixiene básica con varios supermercados da cidade. Deste xeito, as familias que o precisen poden facer uso destes tíckets especiais de compra nos establecementos adheridos a esta campaña de...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba un abano de medidas para aliviar a carga fiscal de familias e empresas
O Concello de Santiago, co obxectivo de aliviar a carga fiscal das familias e empresas compostelás, adoptou un abano de medidas das que deu conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo despois da Xunta de Goberno. As propostas están relacionadas co IBI, coa taxa de lixo, e coa taxa de dominio público por mesas e cadeiras, e cos prezos públicos das escolas infantís e da Escola Municipal de Música. Tamén se acordou, mentres dura o estado de alarma, non cobrar os recibos das escolas infantís municipais e da Escola Municipal de...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local tramitou ata agora 53 propostas de sanción por incumprimento das medidas do actual estado de alarma
Dende o pasado 16 de marzo e ata onte luns, a Policía Local realizou 53 propostas de sanción por incumprimento das condicións de mobilidade establecidas polo Real Decreto 463/2020, polo que se establece o estado de alarma. Estas persoas sancionadas enfróntanse a multas que van dende os 601 aos 30.000 euros, por infraccións graves da Lei de Seguridade Cidadá.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
A ORA será gratuíta en todas as zonas da cidade, excepto na contorna da Praza de Abastos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe varios acordos para facer fronte a crise económica provocada polo COVID19, entre eles a gratuidade, a partir de mañá martes, de todas as zonas ORA do termo municipal, excepto os aparcamentos situados na contorna da Praza de Abastos. En total manteranse, explicou, 101 prazas de pago, 17 delas de uso compartido para carga e descarga, nas zonas de Virxe da Cerca, Travesía da Universidade, Fonte Seca, Entrepraciñas, praza da Universidade, Mazarelos e San Fiz de Solovio.
CORONAVIRUS
O Concello fai un chamamento ás tendas de barrio para que colaboren na subministración de alimentos aos colectivos máis vulnerables
O Concello de Santiago de Compostela quere garantir que os colectivos máis vulnerables reciben alimentos básicos e produtos de primeira necesidade. Con ese obxectivo, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, fai un chamamento ás tendas de barrio para que colaboren na subministración dos mesmos.
CORONAVIRUS
Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero adáptanse ás circunstancias da crise do coronavirus
O Ministerio de Igualdade está a implementar un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero debido á crise do COVID-19, que supuxo o confinamento domiciliario da cidadanía.
CORONAVIRUS
O venres comezará a funcionar o 010, un teléfono para centralizar as demandas de atención social
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o número telefónico 010, habilitado polo Concello, comeza a funcionar a partir do venres, de 8:00 h. a 20:00 h. Calquera persoa que non poida saír á rúa pode chamar a este teléfono. Servirá, sinalou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, reunida con carácter extraordinario; "para centralizar as demandas de atención social". Tamén se acordou a eliminación da ORA en tres zonas: campus Sur, avenida de Ferrol e...