XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas e o convenio de colaboración coa SD Compostela
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas durante a tempada 2023/24. Tamén se deu luz verde aos convenios de colaboración para este ano coa Sociedade Deportiva Compostela, a Federación Gallega de Kárate y D. A. e coa Federación Galega de Judo e Deportes Asociados por un importe total de 76.000 euros.
MOBILIDADE
Inícianse os horarios de verán 2023 no transporte urbano
A partir deste sábado, 1 de xullo, ponse en marcha a tempada de verán nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
ALCALDÍA
O Concello e o Consello da Cultura Galega traballarán para converter Santiago "en vangarda e referente cultural"
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Mírima Louzao, mantiveron esta mañá un primeiro encontro institucional coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, tras o que anunciaron a vontade de ambas institucións para colaborar en temas como o centenario do Seminario de Estudos Galegos ou o proxecto para impulsar a proxección exterior de Santiago e da cultura galega a través da figura de Rosalía de Castro, "unha prioridade fundamental para o Concello nos próximos meses".
PLENO
Celébrase o Pleno de organización do Concello
O Pleno da Corporación municipal reuniuse esta mañá en sesión extraordinaria para tratar os puntos relativos á súa organización. Así, decidiuse a periodicidade das sesión, a creación e composición das comisións, a representación dos grupos nas distintas entidades municipais ou o réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros das corporación.
IGUALDADE
Mañá arranca Compostela Diversa cun amplo programa de actividades para visibilizar a realidade LGTBI
A quinta edición de Compostela Diversa arranca mañá coa mesa redonda "Arredor da Lei 4/2023" e a proxección de "Alex & Munchie" no CSC Maruxa e Coralia, e cun programa de actividades variadas na praza de Mazarelos ao longo de todo o día. O vindeiro mércores 28 de xuño, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, lerase un manifesto na praza do Obradoiro ás 11:30 horas. O Concello tamén puxo en marcha unha campaña de visibilización da realidade LGTBI á que se uniron preto de...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese un segundo prazo extraordinario para as prazas vacantes nas Cativadas de verán dos Centros Socioculturais de Santiago
Entre os días 26 e 28 de xuño, todas aquelas familias interesadas poderán solicitar as prazas vacantes para participar no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo.
MEDIO RURAL
Apróbase de xeito definitivo o regulamento do Consello de Medio Rural
O regulamento que define a estrutura e o funcionamento do Consello de Medio Rural do Concello de Santiago quedou hoxe definitivamente aprobado tras rematar o período de presentación de reclamacións e suxestións sen ter recibido ningunha achega. O documento final, publicado hoxe no BOP, define as funcións deste órgano colexiado e dótao de estrutura e regras de funcionamento co obxectivo de artellar a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.
SEGURIDADE CIDADÁ
Compostela festexará o San Xoán con 24 cacharelas públicas e 567 privadas
O Concello de Santiago autorizou un total de 6 cacharelas, 18 cacharelas con sardiñadas e 8 sardiñadas en espazos públicos ao longo desta fin de semana. Tamén se concederon os permisos para a realización de 567 cacharelas en zonas privadas.
XUVENTUDE
Aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela
O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela ofrece, entre o 3 e o 21 de xullo, un programa de actividades para mozos e mozas entre 15 e 20 anos que inclúe sendeirismo, obradoiros, cine, excursións, observatorio nocturno ou xogos de rol. As persoas interesadas en participar disporán dun servizo de desprazamento dende o Complexo Deportivo de Santa Isabel.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse no mercado asiático
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta a súa oferta turística e patrimonial na feira ILTM Asia Pacific, en Singapur. O presidente do Grupo e alcalde da Lagoa, Luís Yeray Gutiérrez, destaca que ?estamos a promocionar a oferta turística das 15 cidades que representan un distintivo de calidade dentro da marca España?