TRANSPORTES

TUSSA renovará os aseos públicos no aparcadoiro de Xoán XXIII

28/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a reunión ordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na sesión adxudicáronse as obras de reforma dos aseos públicos de Xoán XXIII.

Leer más

XUVENTUDE

O festival "Rock na Ascensión" trae a Santiago grupos consolidados da escena musical española e galega

28/04/2009

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o festival Rock na Ascensión, acompañado por un membro da produtora organizadora do evento, Carlos Regueiro, de AKaron Films. Este festival, que se celebrará o venres 22 e sábado 23 de maio no Multiusos Fontes do Sar, está incluído dentro do programa de actividades das Festas da Ascensión 2009.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas outras nove obras do Fondo de Investimento Local

27/04/2009

A Xunta de Goberno adiantou a súa sesión habitual dos martes ao luns co fin de cumprir os prazos de adxudicación fixados polo Ministerio de Administracións Públicas do Fondo de Investimento Local. Así, foron adxudicadas nove das dez obras que faltaban, relativas ás reurbanización do Ensanche vello e en Xeneral Pardiñas, á mellora nos Camiños de Santiago e á reformas nos centros socioculturais. Estas e as outras 24 obras comezarán durante o mes de maio.

Leer más

EDUCACIÓN

A concelleira de Educación explica na Habana a experiencia de Compostela como cidade educadora

27/04/2009

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, pronunciou na Habana (Cuba) unha conferencia titulada "As cidades Patrimonio da Humanidade como cidades educadoras". Este relatorio inscríbese no do encontro internacional organizado na cidade cubana pola UNESCO e en cuxa organización colabora tamén o Ministerio de Cultura español e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Leer más
Compartir: