OFRENDA

Dolores Villarino invoca ao Apóstolo para "facer de Galicia un país moderno, plural, diverso, solidario e igualitario"

30/12/2008

A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, realizou a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, coa que se conmemora a translación dos seus restos. A delegada rexia citou no seu discurso cuestións de actualidade como a crise económica ou a violencia de xénero, e demandoulle ao Apóstolo a súa axuda para que Galicia siga avanzando.

Leer más

EDUCACIÓN, DEPORTES E FESTAS

Nadalxogo continúa en 2009 con máis animación e actividades

30/12/2008

Tras un paréntese o 31 de decembro, Nadalxogo reanuda as súas actividades o xoves 1 de xaneiro. Para esta xornada e para o 2 de xaneiro está previsto un completo programa de actividades extraordinarias que inclúe contacontos e moita animación. Nadalxogo estará aberto ata o 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicada a redacción de varios dos proxectos a executar cos fondos estatais extraordinarios

30/12/2008

A Xunta de Goberno local aprobou a contratación do servizo de redacción de distintos proxectos de obras que serán financiados polo Fondo Estatal de Inversión Local e o Fondo Especial do Estado para a dinamización da economía e do emprego. Na xuntanza tamén se deu o visto bo á prórroga dos contratos de xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas e eleváronse a definitivas diversas adxudicacións de obras.

Leer más

CONSORCIO

Cinco empresas aspiran a realizar as obras da antiga Calzada de Sar

30/12/2008

Cinco empresas especializadas en restauración aspiran a realizar as obras da antiga Calzada Real de Sar. No mes de xaneiro quedará resolto o concurso público e adxudicada a obra por un importe de 800.000 euros. O Consorcio de Santiago pretende deste xeito que a obra quede rematada antes de que finalice o ano 2009.

Leer más

COMERCIO

Promoción Económica reparte 5.000 catálogos de "Regalar custa pouco"

30/12/2008

A Concellaría de Promoción Económica e Comercio está a distribuir en Nadalxogo catálogos do programa Regalar custa pouco, que tamén se poden atopar en comercios, estabelecementos hoteleiros e oficinas de turismo. Este programa ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos comerciantes ao I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco están recollidas nesta...

Leer más

EDUCACIÓN, DEPORTE E FESTAS

Maxia, teatro e títeres en Nadalxogo

29/12/2008

Continúa a desenvolverse Nadalxogo, que permanecerá ata o 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Para os días 29 e 30 de decembro hai previsto un completo programa de actividades extraordinarias que inclúe maxia, teatro e títeres.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica selecciona 120 participantes para o Persoa IV

29/12/2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abre o 29 de decembro o proceso de presentación de solicitudes para participar no Proxecto Persoa IV, prazo que finalizará o 10 de xaneiro. Este programa experimental de emprego ten como obxectivo promover a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio á colocación) en ocupacións consideradas novos xacementos de emprego.

Leer más

SERVIZOS

Unha completa guía informa aos composteláns sobre os procesos de reciclaxe e anímaos a implicarse nos mesmos

26/12/2008

A concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano, presentou esta mañá unha nova guía que informa aos veciños dos procesos de reciclaxe e aclara calquera dúbida ao respecto. Baixo o título Reciclar querendo, esta publicación aproveita un tempo de consumo e de alta xeración de residuos coma o Nadal para intentar implicar aos composteláns na reciclaxe.

Leer más
Compartir: