XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas en espazos de ocio nocturno
O executivo municipal deu luz verde tamén á convocatoria do concurso de decoración de Nadal veciñal, que conta cun orzamento de 2000 euros, e aos proxectos para a mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro e de pavimentación do lugar de Vilamaior (Sabugueira) por un importe global de 471.456,11 euros. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio por Encarnación Regueiro Rodríguez, muller asasinada en Oroso o 1 de decembro, vítima da violencia de xénero.
XUVENTUDE
Volven os Orzamentos Participativos: a mocidade de Santiago decide o destino de 100.000 euros nos próximos presupostos
Os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que residan, estuden ou traballen en Santiago decidirán o destino de 100.000 euros dos presupostos municipais de 2024. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe do inicio dun novo proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide "co que o Goberno quere reivindicar un papel máis activo da cidadanía na toma das decisións que lles afectan directamente".