FESTAS
Aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis ‘A Estrela de Nadal’
Todas aquelas persoas interesadas en participar como voluntarias ou acompañar a Cabalgata de Reis desde os trens poden inscribirse ata o vindeiro 21 de decembro a través dun formulario. A cativada tamén poderá solicitar a súa participación como paxes reais.
TURISMO
Santiago aposta polo mercado mexicano para ampliar a demanda turística de alto nivel adquisitivo
O gasto medio diario dun turista mexicano foi no 2022 o máis elevado dos turistas procedentes de América.
VÍAS E OBRAS
Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso da fachada oeste do Museo do Pobo Galego
O Concello de Santiago vén de concluír a obra de instalación dunha rampla na fachada oeste do Museo do Pobo Galego, "nunha aposta pola accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas nos espazos públicos", segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Indonesia en España
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Indonesia en España, Muhammad Najib.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os Centros Socioculturais celebran o Nadal con ducias de espectáculos, obradoiros e actividades de rúa
Obradoiros para toda a familia, teatro, música, contacontos ou actividades de rúa. Son algunhas das propostas do programa "Vive o Nadal nos centros socioculturais", que xa botou a andar con algunhas iniciativas a comezos deste mes, pero que tomará máis forza na segunda quincena de decembro. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, deu hoxe todos os detalles da programación, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por dúas das responsables da rede de centros socioculturais, Lourdes de la Cruz...
ALCALDÍA
A alcaldesa entrega os Premios de Investigación Antonio Fraguas sobre o traxe galego tradicional
O XXVI Premio de investigación Antonio Fraguas recaeu nesta edición nas obras "Glosario ilustrado do traxe tradicional galego" de José Luis Rodríguez Álvarez, na modalidade decriptiva, e "De lonxe ata Galicia: as influencias de fóra no traxe tradicional galego" do autor David Quiñones Vázquez, na categoría analítica. A alcaldesa Goretti Sanmartín presidiu o acto de entrega dos galardóns que contou coa presenza das concelleiras Míriam Louzao e Pilar Lueiro e varios membros da...