EMPREGO
O Xiro dos Montes de Compostela, o novo roteiro de 34 quilómetros de percorrido que une os montes urbanos da cidade
Un ano despois da última intervención no monte Viso, o Concello de Santiago abre a senda 'Xiro dos Montes de Compostela', que bordea a cidade unindo os montes urbanos para percorrelos a pé ou en bicicleta, achegando un alto valor ecolóxico e paisaxístico. A actuación enmárcase nas actividades do Obradoiro de emprego "CREAS III" e foi inaugurada esta mañá polo alcalde de Santiago e asociacións veciñais e deportivas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello súmase á iniciativa #UnhaÁrborePorEuropa, con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente
O Concello de Santiago, a través do departamento de Parques e Xardíns, sumouse á iniciativa, promovida polos mozos e mozas europeístas de Equipo Europa, #UnhaÁrborePorEuropa, que conta co apoio da Oficina do Parlamento en España e que busca concienciar sobre o desenvolvemento sustentable local mediante plantación de especies arbóreas.