POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago visibiliza a situación das persoas refuxiadas cunha exposición na Alameda
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou hoxe en rolda de prensa os actos que vai desenvolver o Concello, a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), en colaboración coa Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra o domingo 20 de xuño. Estivo acompañada por Macamen Díaz e Teresa de Vallejo, representantes da Rede.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o caderno divulgativo "A Compostela de Emilia Pardo Bazán", do que se editaron 10.000 exemplares
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "A Compostela de Emilia Pardo Bazán". A publicación describe como era Santiago na segunda metade do século XIX, e a transformación experimentada, de cidade de poder eclesiástico a capital universitaria; no que é un traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Marmolejo (Jaén), vítima da violencia machista.
EMPREGO
Santiago lanza unha app de ‘realidade aumentada’ para xogar e visitar a "Senda Mitolóxica do Monte Viso"
Esta aplicación, "O Misterio do Monte Viso", cuxo desenvolvemento se realizou con medios exclusivamente municipais a través do Obradoiro de Emprego Santiago Sustentable II, proporciona información in situ a través do teléfono e ofrece contidos multimedia dunha zona moi visitada, sobre todo durante as fins de semana, por familias e persoas chegadas de toda a comarca. Para os nenos e nenas que suban este sábado ao Monte Viso haberá premio: unha camiseta con realidade aumentada do Rei Breogán.