DEPORTES
Rematan as obras de peche perimetral e substitución do céspede no campo de fútbol das Cancelas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Deportes, Esther Pedrosa; e do responsable de Barrios e Obras, Javier Fernández; visitou o campo de fúbol das Cancelas, con motivo do remate das obras de substitución do céspede sintético e de peche perimetral do recinto. Os traballos contaron cun investimento de 466.500 euros.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Xoves Santo permitirase o aparcamento na contorna da Praza de Abastos e reforzaránse varias liñas de transporte urbano
O mércores 1 de abril, día de Xoves Santo, permitirase o aparcamento como nun día laborable, entre as 08:00 h. e as 14:00 h., nas rúas Travesa da Universidade, Praza da Universidade, Praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos, coincidindo coa apertura da Praza de Abastos.
TURISMO
A web de Turismo de Santiago informa dos hoteis abertos nesta Semana Santa
Turismo de Santiago informa na súa web da oferta aloxativa aberta na cidade durante o periodo vacacional de Semana Santa. A páxina web da entidade de promoción turística municipal conta cun buscador de aloxamentos por tipoloxía na que se inclúe unha referencia sobre aqueles que estarán abertos durante estes días.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os obradoiros escolares de Enreguéifate chegarán a máis de 600 alumnas e alumnos de oito centros escolares
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou o certame de Enreguéifate e os obradoiros escolares, que chegarán a máis de 600 alumnos e alumnas de oito centros escolares de primaria e secundaria. Aos colexios e institutos acudirán, por parellas, Lupe Blanco, A Rabela e Josiño da Teixeira, que forman parte do movemento de renovación do xénero da regueifa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais convoca un concurso de carteis para o programa "Vive o verán 2021"
A concellaría de Centros Socioculturais acaba de convocar o concurso de carteis para o programa "Vive o verán 2021" da Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago. Trátase de elixir, mediante o voto das compostelás e composteláns, a través das redes sociais, o cartel da campaña. O prazo de recepción de traballos ábrese o 5 de abril, ás 10:00 h. e finaliza o xoves, 29 de abril, ás 20:00 h.