XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá continuidade ao expediente de contratación da obra da rúa dos Concheiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Entre eles figurou o levantamento da suspensión e, en consecuencia, a continuidade do expediente de contratación da obra da rúa dos Concheiros, interrompido no seu día a raíz da declaración do estado de alarma.
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade formará parte do plan de relanzamento turístico que prepara Turespaña
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade reuniuse na tarde deste luns de forma telemática coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para traballar de maneira conxunta nun plan de relanzamento do turismo nacional nas 15 cidades. O presidente do Grupo e alcalde de Eivissa, Rafael Ruiz, destacou que "é importante que conten coas 15 cidades para o plan de relanzamento que Turespaña está a organizar, co lema "España espérate". Evidentemente, o Grupo ten que apoiar ese plan de...